O fotógrafo amateur, Paco López: «Sorpréndeme que alguén pague por unha foto que, simplemente, me gusta»

Paco López, Fotógrafo Amateur
photo_camera Paco López, Fotógrafo Amateur
O seu gusto por experimentar co que ofrece a fotografía e o seu amor pola súa divulgación orixinou que o artista estrease na Sacabeira a súa terceira exposición coñecida como 8+3, a cal durará ata finais de agosto.

O vivariense, Paco López descubríu a súa paixón pola fotografía con dezanove anos e, a partir das cámaras analóxicas de usar e tirar. Máis tarde experimentou cos carretes e cámaras máis avanzadas e, co cambio ao dixital continuou retatando "as diferentes etapas que ía descubrindo". Dende as "míticas cascadas, retratos, o minimalismo ou a cotiandade das viaxes" son algunhas das súas apostas fotográficas. O fotógrafo amateur indica que no é quen de definirse a ningún estilo e que simplemente fotografía o que lle gusta. Inspirado agora na fotografía máis de rúa, expón as súas mellores escollas fotográficas e as expón durante todo o mes de xullo e agosto na cafetería bar A Sacabeira (Cervo). Con esta exposición é a súa terceira mostra para este fotógrafo recoñecido por toda a volta da contorna da Mariña Lucense occidental.

Cando comezou a súa paixón pola fotografía?
Comecei fai moitos anos. Concretamente, cando tiña dezanove anos e aínda estaba a fotografía analóxica. Sempre me adiquei de forma amateur e nunca de forma profesional. Logo, co cambio ao dixital merquei unha cámara analóxica e logo unha réflex e así mellorando e provando pouco a pouco. 

Que se pode atopar na súa mostra na Sacacabeira?
Esta exposición chámase 8+3 para representar que oito das fotos son en branco e negro e as outras tres a color. Este é a miña terceira mostra en Sargadelos e hai dende fotos que quixen volver a poñer doutras exposicións (como unha foto de Ortigueira) e, en realidade non teñen unha unión entre elas (quitando ese factor da carencia ou non da cor). Logo, cada foto ten a súa historia propia, composición e están escollidas baixo o meu criterio. Son aquelas fotos que a min más me seguen gustando, aínda que pase o tempo. O espectador poderá ver gatos, liñas, farolas, ventás con fondo vermello. Ao final é unha mestura de todo o que vou atopando.

En qué se inspira?
Hai moitas fases en todo fotógrafo. Dende a fascinación por facer ese aspecto sedoso nas cascadas e logo vas vendo o teu estilo. A min agora gústanme os retratos na rúa, por exemplo. Logo tamén os detalles ou o minimalismo. Aínda que falar dese termo xa é algo complicado. Agora mesmo teño moi pouco tempo libre para adicarme a isto e só podo facer fotos cando viaxo. Entón é nesas viaxes e recordos

Cal é motivo de que decida expoñer na Sacabeira, por terceira vez?
Todo o entorno de Sargadelos encántame e A Sacabeira paréceme unha galería increíble e un lugar acolledor. Ademais os donos, Alba e Bruno, na medida que nos ímos coñecendo, vai agromando unha amizade e unha vez que comezas coa experiencia é inevitable non repetir.

Que expectativas ten sobre esta mostra?
Eu formo parte dun grupo de fotografía de Viveiro que se chama Os Negativos e eu son un dos fundadores. A pretensión do noso grupo sempre foi a divulgación da fotografía e darlle un aliciente á xente a facer actividades neste ámbito. Ofrecemos cursos e talleres, a nivel amateur. Entón o único obxectivo da mostra é, precisamente, mostrar e divulgar sobre a fotografía. Houbo nalgúns casos que a xente preguntou por min como autor das fotografías e mesmo mercou. A mostra está dispoñible á venta, pero non é o obxectivo principal. 

Aquelas personas que queiran facerse con algunha das súas pezas fotográficas como debería facer?
Alba e Bruno encárganse de todo dunha forma moi altruísta. Se alguen ten interes en mercar algunha peza pode falar con eles e faise todo o pertinente. Nunca me cuadrou coincidir no momento dunha compra, pero sí no momento da curiosidade da xente. De todo isto, o que máis me sorprende é que algúen pague por unha foto que realmente eu fixen como un recordo ou que, simplemente, me gustou. Eu na casa debo de ter tres fotos miñas. Eu nunca expuxen só ata que antes da pandemia propuxéronmo en Burela, concretaménte nunha pastelería chamada Doce Lecer. e, a partir de alí foise encamiñando todo.

Como definiría o seu estilo?
Gústame un pocuo de todo e eu sempre considerei que non son quen de autodenominarme nun estilo concreto. Eu só experimentoe vou provando elementos. Agora o retato e a fotografía na rúa é o que máis me interesa nesta etapa. Na miña anterior etapa facía máis fotos da naturela.

Como é o seu proceso de escoller unha foto para a súa galería?
Pois o filtro é que si eu vexo unha foto que ao largo do tempo sígame gustando e no me canse de mirala, póñoa na galería. Logo, tamén hai o filtro no momento da impresión. Hai fotografías que, nun primeiro momento, parecen interesantes e logo no momento de imprimilas descártoas ou volvo a facelas.


 

Comentarios