A escritora Irene Rega: «É importante falar na literatura do sentimento de culpa e o abuso de poder»

La escritora Irene Rego.
photo_camera La escritora Irene Rega.
A cervense presentará o seu segundo libro 'Tecendo Redes' o próximo mércores, 25 de setembro, no Auditorio Casa da Cultura ás 20.00 horas nun acto «moi especial» no que abordará cos asistentes e veciños as dúbidas e cuestións que teñan sobre a novela.

Irene Rega (Cervo, 1996) ten o título de Educación Infantil e, actualmente, está preparando as oposicións para exercer a súa profesión nas escolas galegas. Escribe, por «afición» e considérase «unha escritoria caótica e insegura». A súa paixón por contar historias, a partir de inquedanzas e incógnitas persoais, fixo posible a súa última novela, 'Tecendo Redes'. Unha novela que foi Premio Vilar Ponte 2022 e que pretende relatar «de forma sinxela e entretida» o «sentimento de culpa e o abuso de poder», a través da ollada da súa protagonista Verónica Souto. O próximo 25 de setembro, a autora presetnará o seu proxecto literario cos seus veciños e resolverá dúbidas e cuestións que teñan, no Auditorio Casa da Cultura de Cervo, ás 20.00 horas.

Como comeza a idea do libro?
Iso é moi difícil. Un día ía camiñando dende a universidade onde estudaba en Lugo cara onde vivía, e daquela todos tíñamos moitos pensamentos sobre as novas que aparecían sobre un profesor denunciado por abusos a unha rapaza. A través disto, xurdíume a idea da protagonista da historia, Verónica Souto e o que lle pasou. Isto non se pode decir que se non sería un 'spoiler'. Pero, arredor dos feitos basease a súa idea de vinganza e o que xofre na novela. 

Canto tempo levou producir a novela?
Levou moito tempo. Unha cousa é pensar as ideas e logo escribirla. Eu escribira unha páxina no word, deixáraa aparcada a idea e, as ideas tíñaas na cabeza. Durante moitos anos fun acumulando todo iso ata que, unha vez composta a historia na miña cabeza, desarrolleina no papel. Isto último foi o que levou menos tempo.

Para quen non te coñeza, como se define como escritora?
Considérome, en materia de escribir, moi insegura. A min dixéronme de presentarme no Premio Vilar Ponte, xa que a min dábame moito pao presentarme a calquera sitio e pensar: «van considerar que isto é unha merda». Pero ao final animeime, por que non coñecían o meu nome e pasara o que pasara, ninguén sabía quen era (indica entre risas). Despois considérome caótica, xa que non sigo un esquema fixo para escribir. Non me poño a escribir tres horas ao día. Ao mellor un día paso dous días sin redactar e logo escribo 12 horas seguidas, por exemplo. Pero ao final, ás veces saen ben as cousas.

Unha vez que che dan o premio, que implicou?
Foi un cambio moi grande. Este foi o segundo, pero no primerio eu presentarao e imprimira todo e, cando me chamaran para darme a noticia de que gañara o premio, quedei en 'shock'. Eu non no mo esperaba para nada, ao principio pensaba que era unha broma e nin caso lles facía.Despois, cando xa vin que era real, cambiou moito o recoñecemento e, verse nas librerías, mudou a inseguridade. Puiden ver que estaba facendo algo ben. No caso de este segundo libro, á hora de presentalo, xa foi diferente, xa que tiña un libro publicado nunha editorial coñecida. Foi todo máis fácil.

Presentar en Cervo ten que ser moi especial...
A min esta presentación facíame moita ilusión. Tiña moitas gañas de presentala aquí, son os meus veciños.e será como ir a falar a calquera outro sitio. Preséntame a alcaldesa, Dolo e estou moi contenta diso. De feito, tamén veu a entrega de premios en Viveiro. Tamén vén unha mestra miña, que xa  me está comentando a lectura e, despois teño moitas gañas de saber que veciños veñen e saber qué preguntas me farán ou comentarios. 

Cres que os teus mestres estarán moi orgullosos dos tus pasos na literatura?
Pois non sei como debín ser como estudante. Eu creo que un desastre. Gustábame escribir e publicaran no taboleiro do instituto un concurso literario e faltaba a firma dun profesor para poder enviala. Cando o entreguei, preguntábanme si o fixera eu, si recibira axuda e, por iso eu creo que debían considerar que era un desastre. Pero bueno 

Na novela quixeches incidir sobre un mensaxe concreto?
A partir das noticias que hai hoxe en día,  é moi importante incidir e falar do sentimento de culpa e do abuso do poder. Estos son mensaxes que intento trasladar de algunha maneira na historia da novela. Tamén abordar a violencia sobre as mulleres.

Cal é o motivo de que se chame 'Tecendo Redes'?
Cando se fala sobre feminismo, fálase de redes. Cando se fala de axudar a alguén, tamén hai una rede de familiares e amigos para buscar apoio. Entón foi un nome ao final que me din conta, mentres se correxía a novela, que englobaba a menxase total.

Que che ofreceu maior satisfacción desta novela?
A novela negra é un xénero que me encanta e no que podes abordar todo o que che importa, dende outros formatos é moi importante e necesario. Hai temas que hai que contalos na prensa, pero tamén no cine e na literatura e facer saber o que está pasando.




 

Comentarios