A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que «o famoso barco histórico Atyla estará en Ribadeo do 10 ao 13 de agosto coa axuda da Fundación Traslatio e a colaboración do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e o Real Club Naútico de Ribadeo. Durante estes día teremos a oportunidade de ver este famoso barco, o único de madeira en toda España que fai viaxes de aventura a nivel internacional. Este veleiro foi construído nos anos 80 seguindo técnicas tradicionais (carpintería de ribeira) cun deseño inspirado nos buques do século XVIII».
A edil ribadense indicou que «o barco está xestionado por unha organización benéfica e o 100% dos beneficios e doazóns recibidas destínanse a un Fondo de Bolsas para que persoas con poucos recursos poidan participar nas viaxes que este ofrece. Son viaxes de aventura nos que a tripulación a través de retos fomenta o desenvolvemento de diversas habilidades dos novos/as tripulantes como o traballo en equipo, comunicación intercultural, intelixencia emocional, pensamento crítico, liderazgo, responsabilidade, coraxe e resiliencia».
Saiz manifestou que «o barco Atyla atracará nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo e poderase visitar, gratuitamente, o 11 e 12 de agosto de 12 a 14 horas. Para os/as interesadas na navegación tamén ofrece excursión marítimas do 10 ao 12 de agosto ás 17 horas dunhas tres horas de duración».
A concelleira de Turismo engadiu: «desexamos que esta nova iniciativa que se propón dende o Concello e a Concellería de Turismo sexa de interese para a cidadanía e siga a potenciar o turismo náutico, outros dos nosos grandes baluartes, que atrae a esta vila centos de navegantes de diversas nacionalidades que usan as prazas de tránsito do Club Náutico para recalar en Ribadeo».