O auditorio de Cabanela en Ribadeo acollerá concertos os mércores de agosto no marco da iniciativa Roock by me. As tardes do verán son así, cofinanciada pola Xunta e polo Concello de Ribadeo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que «catro mércores de agosto imos ter concertos á tardiña no auditorio de Cabanela. Serán os días 2, 9, 23 e 30 ás oito e media da tarde. Poderemos escoitar a cinco grupos no proxecto Roock by me. As tardes de verán son así, que está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo».
A edil ribadense contou que «os grupos que nos acompañarán son Superglú, The Lazy Bones, Beach Avenue, The Foolans e La Indirigible. E comezamos xa este mércores, día 2. Animádevos a baixar a Cabanela a gozar da música nun marco incomparable».