Entrevistamos a Plenario Veiga (A Pontenova, 1981) o actual xerente da discoteca Hermo, de Muimenta, coñecida pola súa larga traxectoria. Mañá venres, van realizar o sorteo dun coche, anhelando os anos dourados da movida nocturna. Plenario, ademais, ten outros tres locais de hostalaría e organiza eventos. Falamos con él acerca da súa actividade e ademáis destaca a sua cercana relación co seu avó, unha figura entrañable nas súas redes sociais.
Como ves o mundo da noite? Estás de acordo en que non está pasando o seu mellor momento?
Non, para nada vamos, a miña experiencia indícame que ten as súas épocas ao longo do ano, que vai variando. Tamén depende das zonas, está claro que cambiou moito, pero a xente segue saíndo e seguelle gustando a festa. Igual que polo verán as festas están sendo un éxito, tamén a asistencia aos eventos de música en directo está sendo importante.
Que tal vai a discoteca? Move moita xente non?
En xeral dende que abrín non me podo queixar porque teño que ter en conta a localización na que se atopa a discoteca (Muimenta, Lugo) entón temos que atraer a xente de todos os lados, hai xente que pasa máis dunha hora no camiño e bueno, esa xente sigue vindo que é que algo estamos a facer ben. Non abrimos todos os venres, abrimos con eventos programados, coma mañá, por exemplo, no que realizaremos o sorteo dun coche. Dende a pandemia notamos que ven moita máis xente nova, tamén depende do tipo de negocio do que estemos falando. Hai cabida para todos.
Os días nos que abrimos temos moita aceptación, facémolo dende o mes de novembro a principios de abril máis ou menos, fóra da temporada de festas. No verán empecei o ano pasado cun proxecto que levaba tempo en mente, contamos cun escenario móbil e desprazámonos alí a onde nos chamen.
Dende qué partes van á discoteca? Vemos na vosa web que ofrecedes autobuses dende moitas vilas.
Poñemos autobuses dende varios puntos, coma Ribadeo (que fai varias paradas na parte asturiana), Guitiriz, Burela, Lugo e Viveiro. Sempre veu moita xente do Occidente de Asturias, e tamén da parte da Coruña e Ferrol. Para mercar o billete de autobús hai que visitar a nosa web https://picameolombo.com/ e alí escoller a orixe e a parada. Nesa web ademais vendemos merchandising da discoteca e dos outros meus negocios, tíckets e entradas da discoteca.
Como che deu por facer sorteos tan importantes coma se facían ‘nos vellos tempos’?
Antes era máis habitual, polo menos na miña época. Hermo leva sorteado sobre 300 coches na súa historia, ten en conta que se fundou en 1975. Celebramos o outro día o 48 aniversario, entón ten uns poucos anos... Eu levaba tempo dándolle voltas, a recuperar estes macrosorteos, pero claro, costoume dar o paso porque é caro e aparte é molesto polo papeleo que hai que facer. Hai que deixar todo ben atado porque te podes meter nun barullo. Este ano lanceime, quería probar, non quería pasar tampouco sen intentar esta experiencia e ver como é a resposta da xente. Ten en conta que a xente nova non ten a mesma ansia que tiñamos antes por sacar o carnet, é algo importante, e quería ver de que forma o valoraban.
A apertura foi a principios de novembro, entón todo isto pasou moi rápido, levamos repartindo rifas coas consumicións e coas entradas desde o fin de semana que abrimos e preocupábame non ter tempo de facer a promoción suficiente. O ideal sería facer o sorteo empezando con dous meses de antelación. Maña, venres, será o sorteo definitivo do coche, un Kia Rio de cor vermello, que sortearemos ata que toque. Repetirase as veces que faga falta ata que apareza a rifa premiada.
Como os financias? Colaboras con alguén?
Asumir os custos de un sorteo así non é doado. Neste caso conto coa axuda do Grupo Breogán, o concesionario onde merquei o coche que poñen da súa parte para colaborar co tema das cartelarías e rifas. Digamos que todas as achegas son benvidas pero o 99% do valor asúmeo a discoteca Hermo.
Por se fose pouco, vemos que no mes de xaneiro sortearedes 5.000€…
Sí, así é. Xa estamos repartindo rifas tamén, xunto canda as rifas do coche. A propia rifa do coche vale tamén para ese sorteo.
Dende cando tes a discoteca?
Dende finais de 2019, abrin en novembro e en marzo veu a pandemia, que rompeu con toda a programación do ano. Eso xa foi un golpe para empezar que xa te fai duro (rí), pero estou contento.
Que outros negocios tes?
Agora mesmo teño catro, empecei no Tibor en Meira, que levo dez anos. Collín a discoteca e un pouco máis tarde, despois da pandemia, un pub que hai a carón da discoteca, o Zafra. O último que collín, que xustamente facemos un ano esta fin de semana precisamente e celebramos o primeiro aniversario é un pub en Lugo, o Mazzamurelli, que o teño xunto con un socio.
Polo que vemos estás moi activo no mundo da hostalaría. É un mundo que che ten que gustar moito non? Seguir coma hostaleiro entra nos teus planes de futuro?
Sí, estou completamente dedicado a este mundo, trato de sacar tempo para pasar coa familia pero sí, ocúpame moito tempo. Gústame e é unha paixón, aínda que bueno, nun futuro véxome no mesmo mundo pero desempeñando outro tipo de roles. Os anos pasan e… a idea é ir relaxando un pouco porque para min a familia é o primeiro e quero adicarlles tempo tamén, que cando te das conta, xa non os tés.
Vemos que outra faceta túa é a de instagramer, tés moitos seguidores nas redes sociais que están moi pendentes do teu día a día.
Non foi algo intencionado, foi algo que foi medrando pouco a pouco. Utilizoas para facer publicidade dos meus negocios, pero o contido que subo é sen preparar, totalmente espontáneo. Cando vou comer por aí, dando un paseo no coche… o que me apeteza no momento.
Quen aparece moito no teu perfil é Plenario, o teu avó, que debe ser o máis coñecido de instagram en Galicia?
Sí, é algo no que me insisten moito. A xente encántalle ver as nosas aventuras, a verdade é que estamos moi unidos e intento ir pasear por aí e comer con él todas as semanas, polo menos ir velo. Imos cada vez a un restaurante distinto, comemos, e pasamos a tarde.
O verdadeiro Plenario é teu avó, ti chámaste Daniel...
Por Daniel xa logo non me coñece ninguén (ri).
Nos vídeos é frecuente ver unha conversa entre ambos, na que no restaurante lle ofreces auga para beber, e che di “eu, auga non eh”...
A verdade é que a xente lle colleu moito cariño. Se imos a unha consulta a Lugo xa o paran pola rúa, e ata o coñecen as enfermeiras. A él chámalle a atención, e encántalle saber quen son e pregúntalles “tu de quen es?” (ri). Él sabe que o gravo e que o subo obviamente porque o saúdan, de feito ás veces si que lle digo “mira imos saudar á xente que te segue”… Pero bueno, como é normal, en moitas ocasións non sabe para que o estou a gravar.