Está organizada pola Confraría de Pescadores e a asociación Catro Caños e conta coa colaboración do Concello. A música correrá a cargo do grupo Sintético Fantástico e da Charanga Mil9 na sesión vermú que comezará ás 11:30 h.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, destaca que «esta festa porá en valor o traballo do sector mariñeiro». A edil ribadense explicou que “se trata dunha iniciativa da Confraría de Pescadores e da asociación cultural Catro Caños, que é tamén a responsable do Vendaval Fest que se vai celebrar dentro duns días. É unha festa gastronómica que nace para unir e poñer en valor o traballo das xentes mariñeiras así como o produto do mar e da nosa ría, unha ría que une a unha gran comarca e que, como din moitos, podemos considerar o paraíso natural das Rías Altas”.
«Por suposto, dende o Concello de Ribadeo apoiamos este tipo de iniciativas e seguiremos apostando e impulsando os colectivos e asociacións. Ao mesmo tempo que lles agradecemos o seu traballo e a súa implicación para un Ribadeo mellor», concluíu Saiz.