Xove celebrará a X Festa do Percebe o vindeiro 22 de xullo

A cita, que este ano chega á súa décima edición , está organizada pola Asociación de Festexos A Medorra e o Concello de Xove e terá lugar o próximo sábado na praza do Concello.

 

Desde as 12 h, os asistentes poderán degustar o saboroso crustáceo nunha xornada que estará amenizada pola charanga Os Charangos e na que tamén haberá unha discoteca móbil. A festa terá lugar na praza do Concello, nunha carpa instalada para a ocasión, na que veciños e visitantes poderán gozar dos percebes procedentes das lonxas da zona, onde se venden os máis grandes e mellores exemplares dos cantís da Mariña e Ortegal. A organización prevé repartir uns 400 quilos deste marisco nunhas 1.500 racións

 

O pregón correrá a cargo de Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores.