Neste 2025 celebrarase o décimo aniversario do Ribadeo Indiano. Naceu gracias a unhas persoas que, de maneira altruísta traballaron arreo, pasiño a pasiño, para que este evento festivo, cun gran peso cultural, no que se homenaxea á emigración e a todos eses homes e mulleres que un día tiveron que deixar a súa terra e emigrar na procura de novas oportunidades, teña a magnitude de hoxe en día. Por iso consideramos que o Ribadeo Indiano non é de ninguén pero é de todos. O Ribadeo Indiano é do pobo de Ribadeo e dos ribadenses. E por iso, tamén creemos que todas as administracións deben colaborar.
Con que nos atopamos neste décimo aniversario? Cun profundo agradecemento ó Bng de Ribadeo que, unha vez máis, motivado polas cores políticas, pediu ós seus compañeiros da Deputación, na área de Cultura, que nos retirara o Convenio de 20.000 € que lle viña dando ó Concello de Ribadeo para o Ribadeo Indiano.
O portavoz do BNG mostrábase moi satisfeito no último pleno ordinario, anunciando a retirada deste Convenio ó Concello. Ver para crer! Normalmente, entendemos que un concelleiro se sinta orgulloso cando trae inversión, pero certo é que o portavoz do Bng inversión non trae ningunha, así que dentro dese “amor profundo” a Ribadeo, no canto de traballar para incrementar a contía, enorgullécese de que quiten a que daban.
Nós non temos ningún problema en que a Deputación axude a entidades, de feito, xa ía sendo hora de que espertaran dese sono profundo no que vivían, pero quitarlle un Convenio a unha institución para utilizar politicamente unha entidade, é primeira vez na historia!
Intentaron desprestixiar á Xunta de Galicia porque non daba chegado o Convenio de 80.000€, pero como chegaron 100.000€ no canto de 80.000€ non se lles ocorreu outra maneira de facer oposición, que intervir para que a Deputación retirase esa aportación de 20.000€ que lle daba ó Concello.
En fin, están máis perdidos do que aparentan. Sigan así, poñendo paus nas rodas, que o pobo de Ribadeo estaralles profundamente agradecido.