O alcalde, Dani Vega, subliñou que «Ribadeo mellora as instalacións da piscina municipal. Vai contar cunha nova sala de cross de 140 metros cadrados para adestramentos de alta intensidade. Iso o que demostra é que a colaboración coa empresa que está a xestionar a piscina municipal é total e absoluta. Quero agradecer o seu traballo, a súa dedicación e a súa profesionalidade».
Para o rexedor «investir en deporte é investir en saúde e desde o Concello valoramos positivamente a inversión que fai esta empresa de máis de 216.000 euros neses 140 metros cadrados que van estar dedicados ó deporte».
Vega aposta pola colaboración permanente entre Concello e BeOne, empresa concesionaria da piscina municipal: «nesa colaboración permanente imos seguir e valoramos todo o traballo que fan, tamén felicitamos á dirección, ao seu CEO, Roberto Ramos. E animamos a todos os ribadenses a que vaian á nosa piscina municipal e practiquen deporte, porque están investindo na súa saúde».