comezou hai unhas semanas, prolongarase ata o 10 de setembro.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, subliñou, na presentación da nova tempada do tren turístico, que «Ribadeo segue a ter un gran tirón turístico, son moitos os turistas e as persoas que recibimos cada ano, non só en verán, senón que se estende a outras épocas do ano e realmente esta actividade é un servizo moi demandado». Saiz sinalou tamén que “quen se anime a subir a este tren turístico-cultural, podemos chamalo así, visita o Ribadeo cultural, natural, o casco histórico, a nosa arquitectura, o centro da vila, … polo que tamén percorre o sector servizos e en consecuencia o noso comercio, a nosa hostalería e a nosa gastronomía”.
Fixo tamén referencia á nova dirección do servizo e «desde o Concello e a Área de Turismo queremos poñernos á súa disposición e desexarlle
moitísima sorte. Entre todos, construiremos un Ribadeo mellor». O tren turístico de Ribadeo ofrecerá oito viaxes diarias con saída desde o Campo de San Francisco, a carón da Oficina de Turismo. Polas mañás ás 11, ás 12 e ás 13 h e polas tardes ás 16, ás 17, ás 18, ás 19 e ás 20 h.