Budiño actuará este sábado en Ribadeo

Budiño ofrecerá un concerto en Ribadeo
photo_camera Fotografía: www.xosemanuelbudino.com
O coñecido gaiteiro Budiño presentará o seu último traballo "Branca Vela" o vindeiro sábado, 9 de setembro, ás nove da noite no barrio de San Roque. O concerto está enmarcado na programación das festas patronais de Ribadeo.

Budiño é un dos grandes expoñentes da música galega. Inspírase nos pequenos sabores da música de raíz, pero sempre coa intención de crear unha música con estilo propio. A súa constante innovación, mesturando os sons da música tradicional galega máis popular coa electrónica máis vangardista, levou ao músico e compositor a tocar en máis de 25 países.


Xosé Manuel Budiño estará este sábado en Ribadeo. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a asistir a este concerto «dun dos grandes referentes da música galega  Oito discos e diversidade de premios avalan a súa traxectoria. Este é un dos pratos fortes das festas patronais de Ribadeo 2023, que ninguén debería perder. Agardámosvos a todos no barrio de San Roque o vindeiro sábado, 9 de setembro, ás 21 h». O concerto de Budiño está patrocinado polo Concello de Ribadeo e pola Xunta de Galicia