A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca con motivo desta efeméride «o gran labor que realiza a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro, AFA Viveiro, de prevención, detección precoz e atención ao longo de todo ano».
«Desde o Concello mantemos desde hai anos unha colaboración constante con esta asociación, polo que coñecemos de primeira man a súa importancia para ás persoas afectadas por esta enfermidade», engade a rexedora.
O Concello colabora coa asociación de diversos xeitos, a través de subvencións, colaborando coas actividades dos usuarios e usuarias, ou cedéndolles
instalacións municipais como as dependencias no claustro do convento de San Francisco.
A alcaldesa destaca que «iniciativas de sensibilización como esta son fundamentais para dar visibilidade e involucrar á cidadanía na demanda de máis recursos para a investigación nesta enfermidade». «Amosamos, un ano máis, todo o noso apoio a quen sofre o Alzheimer e ás súas familias», conclúe Loureiro.