Llega la sexta edición de la Pancha, la moneda local de Ribadeo

040924 Foto presentacion Panchas 1
El Concello pondrá en circulación 260.000 panchas para cambiar en los establecimientos adheridos a la campaña

La sexta edición de la Pancha, la moneda local de Ribadeo, se prolongará del 9 de septiembre al 31 de diciembre. El Concello pondrá en circulación 260.000 panchas para cambiar en los establecimientos adheridos a la campaña, que fue presentada esta mañana. En el acto participaron el alcalde, Dani Vega; la edil de Comercio, Marta Saiz; la presidenta y el gerente de Acisa, Carmen Cruzado y Jesús Pérez; así como Mª Esther García, ADL del Concello. 


El regidor declaró que «Ribadeo aposta pola Pancha, Ribadeo aposta pola moeda local para apoiar o comercio local, o comercio de proximidade. Vamos poñer en circulación 260.000 panchas para cambiar nos establecementos comerciais, tamén na hostalería do noso concello, que se adhiran á campaña. Polo tanto, estamos apostando polo comercio local, polo comercio de proximidade».


Vega recordó que «partíamos dun orzamento de 55.000 euros, subimos a 85.000 euros, hai un incremento orzamentario, dado que firmamos un convenio coa Xunta de Galicia de 20.000 euros. Ese incremento favorece o comercio de proximidade. Recordade quepor cada 30 euros recibiredes 40 panchas. A partir do día 9 de setembro, outra importante noticia, ides poder xa comprar coa moeda local, coa pancha, polo tanto tamén é un momento moi oportuno para investir todo ese reforzo económico que trae a pancha, no material escolar».


Para el alcalde ribadense «deste xeito estamos dando unha axuda a moitas familias que sabemos que costa verdadeiramente o inicio do curso. Por iso quixemos empezar antes e apostar, evidentemente, polas familias. Creo que son boas noticias. Estamos facendo as cousas con moito esforzo, evidentemente, porque o diñeiro é un ben escaso, e nas administracións cústanos moito, pero queremos investilo nas familias, queremos investir nas persoas». «Creo que incrementar o orzamento posibilita tamén incrementar o tempo adiantarnos a setembro, a partir do nove xa empezar a consumir con panchas e así tamén hai unha xuda agora do inicio do curso escolar. E incrementando o orzamento tamén estamos, evidentemente, apoiando o comercio local, o comercio de proximidade, o comercio tan bo que temos en Ribadeo», añadió


Marta Saiz, concelleira de Comercio, subrayó que «o prazo de adhesión á campaña para o pequeno comercio de Ribadeo dá comezo hoxe e prolongarase ata o 16 de setembro. Os negocios interesados, que cumpran cos requisitos indicados nas bases da campaña, poden adherirse a través da ligazón www.pancharibadeo.gal». La edil ribadense dijo que «os consumidores poderán realizar compras coa pancha desde o 9 de setembro ata o 31 de decembro. A partir desa data a moeda local de Ribadeo deixará de ter validez e non será reembolsable».


Saiz recordó que «as características da campaña mantéñense polo que por cada 30 euros obteranse 40 panchas. Cada persoa poderá adquirir un máximo de 400 panchas. E o límite de panchas que se poden gastar en cada compra este ano amplíase a 150, a partir desa cantidade a diferenza deberá abonarse en euros».


Por su parte, la presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, señaló: «parécenos importante desde Acisa Ribadeo que a campaña da Pancha se inicie xa a vindeira semana para aproveitar as compras da volta ao cole. Era algo que demandaba a veciñanza e tamén as tendas desde hai tempo». Cruzado considera que «se trata dunha campaña moi agardada polo tecido empresarial ribadense, polo que supón para a súa dinamización económica durante estes meses, de setembro a decembro. Vimos dun verán intenso e moi bo e metémonos no outono-inverno, en que a Pancha é dunha grande axuda para os establecementos adheridos e tamén para a súa clientela. Animamos aos nosos asociados e asociadas a adherirse a esta sexta edición da campaña da Pancha, que comeza nuns días e que se prolongará ata finais de ano».


El gerente de Acisa, Jesús Pérez, explicó que «nesta nova edición das Panchas, tal e como vimos facendo sempre dende Acisa Ribadeo, ofrecemos asesoramento e apoio a todo o empresariado que así o precise, e por suposto os veciñas e veciños que o necesiten. Con motivo desta nova edición das Panchas, prestaremos apoio e asesoramento tanto ás empresas, no proceso de adhesión dos negocios, como á clientela tanto na compra como na descarga das Panchas. Para iso, calquera interesado poderá pasar polas oficinas de Acisa ou ben poñerse en contacto con nos».

Comentarios