Ribadeo avanza en la licitación del servicio de agua

Foto Concello Ribadeo
photo_camera Fotografía: Concello de Ribadeo.
El Concello de Ribadeo ha iniciado el proceso de licitación del servicio de abastecimiento de agua, una de las obras más importantes de la legislatura con un presupuesto superior a los 5 millones de euros. Además, se eliminará un crédito de 700.000 euros.

Ribadeo eliminará un crédito de 700.000 euros. Este fue uno de los asuntos analizados en la última comisión informativa de Facenda e Asuntos Xerais, en la que también se abordó la licitación del servicio de abastecimiento de agua. El alcalde, Dani Vega, destaca que se trata “dunha boa xestión dos recursos de todos”.

El regidor manifestó que “na pasada noite celebramos unha comisión informativa de Facenda e de Asuntos Xerais. Abordamos varios asuntos de importancia. O primeiro deles, creo que é o máis importante de todos, que é licitar o servizo de abastecemento de auga e de saneamento. Evidentemente durante todo este ano houbo un proceso moi importante de documentación, con moito rigor técnico, e imos licitar en tempo récord, é dicir fronte a outros Concellos que aínda están nesta tramitación, Ribadeo vai dar un exemplo, creo que de eficacia, con ese rigor técnico, un bo traballo dos técnicos, e polo tanto licitaremos toda unha estrutura de mantemento e de inversión”.

Vega explicó que “o que se aprobou nesta comisión é a estrutura de custos e o estudio de viabilidade e tamén a fórmula de revisión de prezos. Aprobarémolo no seguinte pleno, no 24, definitivamente e a partir de aí ábrese un proceso de licitación para este servizo. Cabe destacar que é a obra máis importante que vamos ter que facer durante esta lexislatura, cun orzamento elefantiásico, enorme, estamos falando de máis de 5 millóns de euros. Creo que aquí as administracións, tanto a Xunta de Galicia como a Deputación, e entendo que tamén Hidrográficas, o Estado nos deben axudar”.

El alcalde indicó que “é un tema que imos abordar nas próximas datas e para min e para todo o goberno e tamén para todos os técnicos do Concello que están na materia, parécelles fundamental investir nos próximos meses, nos próximos anos, no abastecemento de auga”.

Dani Vega afirmó que “durante este ano houbo 38 rupturas. Estamos falando dun tema que nos absorbe e nos preocupa porque hai o 95% de posibilidades de quedarse sen auga. E nosoutros durante este verán no que hai un incremento de poboación, xa sufrimos moitísimo e a partir de agora igual porque hai parroquias que teñen continuamente cortes, hai outras parroquias ás que o subministro chega con moi pouca forza e hai cortes continuos. O maior problema de Ribadeo chámase abastecemento de auga e hai que abordalo e foron moitos anos sen xestionar orzamento para un tema fundamental como é este do abastecemento de auga”.

Para el regidor ribadense “debemos xestionar ben o recurso hídrico e polo tanto aquí hai que investir. Tamén nesta comisión abordamos outro tema moi importante, a eliminación dun crédito. Estamos a falar do crédito que sacou o anterior goberno de 950.000 euros. Nos imos eliminar 700.000 euros xa dese crédito. Estamos falando dunha xestión de recursos tanto para investir como tamén para eliminar crédito, eliminar débeda. Creo que é unha boa xestión. Nun ano simplemente xa eliminamos un crédito que tiña un fin concreto, que era o Hospital Asilo, pero houbo unha capacidade de xestión de recursos da administración autonómica, da Xunta de Galicia, e iso posibilítanos a eliminar ese crédito”.

Y añadió: “eu creo que esta comisión é importante á hora de inversión e tamén para acreditar que se está eliminando crédito, que son 2 durante este ano. Non solo se eliminaron os 700.000 euros, senón que cando entramos no goberno eliminamos outro de preto de 100.000 euros. Por tanto, creo que hai unha boa xestión dos recursos de todos”.

Comentarios