El alcalde, Dani Vega, agradece la colaboración de la Xunta de Galicia y el trabajo conjunto realizado a favor de la conservación del medio ambiente.
El regidor destacó que «máis de 40.000 rodas foron retiradas das explotacións de Ribadeo. Estamos realmente satisfeitos polo traballo feito. Quero agradecerlle a colaboración á Xunta de Galicia. Ese traballo conxunto deu os seus froitos».
Vega indicó que «se trata de máis de 40.000 rodas que tiñan un destino, senón actuamos, como podería ser o monte, os ríos ou as parcelas e fincas nas que se atopaban. Estaban contaminando, non estabamos traballando na conservación do medio ambiente, nós isto sabiámolo cando estabamos na oposición porque moita xente nos trasladaba esa preocupación e tamén sabemos que moitas rodas estaban enterradas ou tiradas no monte ou a carón dos ríos».
El alcalde manifestó: «non podíamos permitir isto. Non nos podiamos quedar simplemente en saber que hai que actuar, pero non facer nada. O que fixemos cando chegamos ao goberno municipal foi inmediatamente actuar, xestionar a colaboración coa Xunta de Galicia e quedámonos abraiados con esa cantidade de rodas que superan as 40.000».
Dani Vega tuvo palabras de agradecimiento: «esa axuda quérolla agradecer á Xunta de Galicia. É unha colaboración fundamental e moi importante e estamos a conservar entre todos o medio ambiente. Tamén agradecerlle a todas as persoas, aos gandeiros, que foron levar as rodas a eses dous puntos habilitados en Piñeira e en Cedofeita. Foron uns espazos seguros, hormigonados, cun punto de luz, cumprimos con toda a normativa e estamos actuando con responsabilidade e colaborando con todos os gandeiros. En practicamente ningún Concello se fixo esta campaña gratuíta, xa que calquera gandeiro noutro Concello que queira desfacerse desas rodas ten que pagar pola súa retirada».
Para el regidor municipal «foi unha medida moi importante na que seguiremos traballando colaborando coa Xunta. Estamos satisfeitos desde o Concello de Ribadeo por este traballo conxunto e seguiremos nesta liña a favor da conservación do medio ambiente e deses espazos verdes dos que somos todos donos e temos a obriga de conservalos».