Ribadeo realizou melloras na zona de xogos infantís do parque de San Francisco

O Concello de Ribadeo realizou melloras na zona de xogos do parque de San Francisco
O Concello realiza tarefas de mellora no parque de San Francisco na zona de xogos infantís, segundo deu a coñecer o concelleiro de Obras, Diego Dos Santos. 

O edil explicou que «procedemos a retirar a araña do parque de San Francisco, tan solicitada polos veciños. Tamén se aproveitará para realizar o arranxo dalgúns xogos, que así o demandaban, ao igual que oito alcorques, e a reposición de zonas de caucho».


Diego Dos Santos contou que «as obras teñen un prazo de execución dun mes e pode ser que algún día o parque estea pechado completamente polos operarios, polo que pedimos disculpas polas molestias que se poidan ocasionar».

Comentarios