La programación de Navidad de Ribadeo arrancará este viernes, 1 de diciembre, con el encendido del alumbrado y con la inauguración del Mercado do Nadal.
Los festivales, que se desarrollarán en diciembre, serán en O Cantón. La pista de hielo y Ribaxogo estarán situados en la avenida Rosalía de Castro. Y el Mercado do Nadal en el entorno de la plaza de abastos. El alcalde, Dani Vega, y la concejala de Turismo y Comercio, Marta Saiz, han sido los encargados de presentar el programa de actividades.
El regidor señaló que «presentamos este Nadal cheo de actividades e quero darlles as grazas tanto aos técnicos como aos concelleiros e tamén a Acisa por este traballo coordinado e planificado».
Vega dijo que «con isto queremos dinamizar ao noso pobo desde un punto de vista social, cultural e tamén económico. É un Nadal cheo de actividades porque temos o festival de jazz; dous concertos (o de Magic Queen e o Vendaval); esa festa de pre fin de ano, na que vamos comer as uvas todos xuntos; tamén todos os concertos que está organizando o coro Sagrado Corazón e que van contar coa presenza de Emilio Rúa; ou a Coral Polifónica, que vai compartir un concerto con Son de Seu; ademais teremos o festival organizado pola Escola Municipal de Música o día 16 e o concerto da Banda Municipal 'Aquí como en Viena' o día 29».
El alcalde siguió relatando que «vai haber actividades para nenos, para mozos, para todos os públicos: a pista de xeo, Ribaxogo, … É unha novidade desde o punto de vista da dinamización que estas actividades estarán repartidas por todo Ribadeo: os festivais, no Cantón; Ribaxogo e a pista de xeo, en Rosalía de Castro; e o noso magnífico mercado tradicional de Nadal, situado na Praza de Abastos. Polo tanto queremos que sexa o mellor Nadal, que está moi ben organizado e planificado e ao que vamos poñerlle o broche de ouro con esa magnífica Cabalgata de Reis».
Dani Vega cree que «entre todos saíu unha boa programación de Nadal, chea de actividades para todos os públicos. Temos que pensar que Ribadeo é ese pobo acolledor no que moitos visitantes van vir participar destas actividades. E todos os veciños e veciñas tamén imos disfrutar delas. Polo tanto hai que felicitar a todos cos concelleiros, aos que coorganizaron este Nadal, como é Acisa, e a todos os técnicos municipais por sempre, que é un traballo continuo pero dá os seus froitos».
La concejala de Comercio y Turismo, Marta Saiz, explicó que «o vindeiro venres, 1 de decembro, dará comezo o Nadal en Ribadeo. Desde o Concello, con humildade pero con moitísima ilusión, traballamos para ofrecer unha programación de actividades moi diversa e para todos os públicos. O acendido do alumeado de Nadal terá lugar ás sete da tarde e media hora despois abrirá o xa tradicional Mercado de Nadal, que estará na Praza de Abastos, onde actuarán as gaitas da asociación Amigos da Gaita. Durante os dez días que dura o mercado contaremos con contacontos con Raquel Queizás, obradoiros de baile tradicional e de coroas de Nadal… Unha infinidade de actividades para animar este mercado».
La edil ribadense destacó que «durante o mes de decembro e ata pasar Reis contaremos con concertos, como Magic Queen, o festival de jazz, actuacións da nosa Banda Municipal, concerto de Reis, Son de Seu coa nosa Coral Polifónica de Ribadeo ou Emilio Rúa co coro Sagrado Corazón. Teremos cine, o festival Pica Pica para os máis pequeniños e tamén para eles o musical La gran aventura de los Reyes Magos. O último venres de ano estades todos convidados á festa pre fin de ano que organiza a asociación Catro Canos. Non esquezades tampouco o festival de panxoliñas na igrexa parroquial. O coro Sagrado Corazón fará unha visita aos nosos maiores no Centro de Día e na residencia. E o último día do ano haberá a carreira San Silvestre, pero tamén a primeira marcha interxeneracional San Silvestre Máis metros, máis posibilidades, metrosinterxerenacionais pola accesibilidade e a inclusión».
Saiz anima a visitar Ribadeo: «este Nadal non deixedes de vir a Ribadeo, porque Ribadeo ofrece bo comercio, boa hostalería e unha morea de actividades para disfrutar en familia e entre amigos».
Á presentación, que tivo lugar a carón da carpa da pista de xeo, acudiron as concelleiras e concelleiros do equipo de goberno, así como a presidenta e o xerente de Acisa Ribadeo.
Consulta la programación completa: