El Concello de Ribadeo lidera el programa de actividades para celebrar el centenario de la muerte del poeta ribadense-uruguayo El Viejo Pancho, que nació un día 7 de mayo y falleció un 28 de julio.
La concejala de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunció que «é un programa preparado por persoas de Uruguai e Galicia, co respaldo de ambos gobernos. Esta conmemoración xa comezou coa exposición '100 anos sen El Viejo Pancho', preparada polo alumnado e profesorado do obradoiro e que podemos ver na Sala do Campo. Pode ser visitada por todos os que o desexedes pero ademais o alumnado de Ribadeo, desde educación infantil ata secundaria, gozará cos traballos manuais, as xincanas, os percorridos pola vila, as creacións literarias e incluso vídeos de TikTok preparados para cada grupo de idade. Os centros escolares recibirán tamén unha unidade didáctica para traballar ó autor José María Alonso Trelles nas súas aulas. Neste mes de maio presentaremos tamén unha páxina web para a difusión da vida e obra poeta así como das actividades realizadas nesta celebración».
Sanjurjo destacó que «no mes de xullo levarase a cabo o forte das celebracións. Serán actos institucionais coa presenza da Xunta de Galicia e do Consulado de Uruguai; a representación dunha obra teatral inédita do autor polo grupo de teatro afeccionado de Ribadeo; o recitado de poemas; un concerto da Coral Polifónica de Ribadeo, que incluirá no repertorio poemas musicados e que foron popularizados por Gardel; e a presentación dun importante libro: unha publicación bilingüe con ilustracións de artistas uruguaios. Ademais este ano A Comarca dos Pícaros non se dedicará á homenaxeada no día das Letras senón ó Viejo Pancho».
«Esperamos que poidades coñecer mellor ó Viejo Pancho e desfrutar de toda a programación preparada para celebrar o centenario da súa morte», finalizó la edil de Cultura ribadense.