Ribadeo modificará el reglamento de los cementerios y abordará la creación de una bandera oficial

Ambos asuntos fueron tratados en las dos comisiones celebradas anoche. Ribadeo tendrá, además, dos obradoiros de emprego compartidos con Barreiros. 

El alcalde, Dani Vega, contó que «na pasada noite celebramos dúas comisións. A primeira delas foi a de medio ambiente, medio rural e infraestruturas. Falamos dos cemiterios municipais. O que levamos a debate e o que propuxemos á Corporación é modificar o regulamento dos cemiterios municipais co obxectivo de axilizar e darlle solución a un problema que tiña Ribadeo, a un problema importante para moitas familias e moitas persoas que carecen dunha sepultura, dun nicho».


El regidor municipal dijo que «hai unha demanda real, é un vello problema ao que hai que darlle unha solución e este Concello o que quere é solucionar os problemas. Neste momento unha persoa que ten un nicho non pode, senón quere seguir con ese nicho, entregarllo a outra persoa, soamente pode entregarllo a un familiar. Cando moitas persoas veñen a este Concello demandar un nicho non lles podemos dar unha solución porque non temos neste momento mais capacidade».


Vega anunció que «o que imos facer é que esa persoa que non quere seguir con esa sepultura poida entregarlla á propiedade, que é Concello. E o Concello fará un sorteo público entre os demandantes dun nicho. Creo que é o máis transparente e correcto que hai que facer. Consultados os técnicos municipais foi a solución que lle vimos todos e tamén a Corporación Municipal por unanimidade na comisión aprobou esta proposta. O seguinte paso será construír máis sepulturas, máis nichos, porque se precisan, dado que hai moitas familias que non teñen en posesión un nicho e queren telo para o día de mañá».


Vega relató también que «na comisión de facenda e asuntos xerais abordamos temas como o inicio do expediente para a aprobación da bandeira deste municipio. Ribadeo carece dunha bandeira. En redes sociais cando se busca o nome deste concello aparece unha imaxe dunha bandeira, que nin está aprobada e non ten ningunha lexitimidade nin rigor histórico e non podiamos seguir así. Temos escudo, pero non temos bandeira de Ribadeo. Todos os partidos con representación na Corporación Municipal aprobamos iniciar ese expediente e tamén aprobamos por unanimidade que sexa unha comisión municipal a que se encargue deste asunto. Estará formada pola comisión de asuntos xerais, representando a todos os partidos políticos, o cronista oficial de Ribadeo e tamén convidaremos ao Instituto Padre Sarmiento, á dirección xeral de Administración Local e abrimos a posibilidade de incluír a outros organismos e institucións. De momento quedamos así e no vindeiro pleno aprobaremos quen terá presenza nesa comisión municipal para iniciar o expediente de aprobación da bandeira de Ribadeo».


Obradoiros de emprego


Dani Vega indicó que «tamén aprobamos dous temas moi importantes, os obradoiros de emprego. Un deles dual, con parte teórica e prácticas nas empresas. Denomínase 'Constrúe en Verde' e imos facer un obradoiro de albanelería e de almacén. Era unha demanda que había desde as empresas: a falla de man de obra neste sector e pensamos que hai que darlle unha solución. E o seguinte obradoiro é de garantía xuvenil. Denomínase 'Máis emprego' e versará sobre medio ambiente e animador socio cultural».


El alcalde subrayó que «é un traballo conxunto entre os Concellos de Barreiros e de Ribadeo e quérolle agradecer ao Concello de Barreiros todo o seu traballo e a súa dedicación. É importante que dous Concellos traballen conxuntamente, aínda que teñamos diferentes cores políticas. Iso non nos debe confundir, todo o contrario, creo que hai que sumar a opinión de todos, que é o realmente importante. Imos liderar conxuntamente estes dous obradoiros de formación e de emprego, que eu creo que é moi importante incidir nestes temas».

Y añadió: «foron comisións importantes as que celebramos onte. Creo que así seguiremos traballando nesta unión conxunta como Corporación Municipal para traballar polo ben de Ribadeo».

Comentarios