El alcalde, Dani Vega, comentó que «estamos actuando en colaboración coa Xunta de Galicia. Empezabamos onte co primeiro contacto e decidimos actuar. O primeiro que fixemos foi unha análise da situación, acudindo á praia a Policía Local e Protección Civil, para facer un informe sobre o acontecido. É verdade que nos transmitiron que a presenza era ridícula, non había un problema, pero de igual modo trasladamos as fotografías realizadas á Consellería».
El regidor indicó que «as dúas administracións decidimos, que aínda que a presenza de pellets fora pouca, era bo limpar e eliminar. Hoxe ás oito da mañá actuamos cos traballadores públicos, con palas, con cribos, con rastrillos e con luvas e elimináronse todos eses pellets que apareceron en dous areais: nos Castros e en Illas».
Vega subrayó: «nosoutros quixemos actuar, creo que somos o único Concello que está a actuar con persoal propio limpando as praias dunha presenza que é ridícula, pero desde logo nosoutros consideramos que é mellor retirar eses pellets, en lugar de que estean por aí. Nos actuaremos sempre nesa colaboración institucional, coa Xunta de Galicia neste caso, con todas as administracións para que ese traballo sexa coordinado e dea resultados».