Ribadeo instará a la Xunta a buscar soluciones inmediatas para el servicio de pediatría

centro de salud ribadeo

A propuesta del BNG, la corporación municipal ribadense instará a la Xunta a que dote de pediatra de forma permanente el centro de salud de la localidad. Los nacionalistas han vuelto a criticar las supuestas gestiones del alcalde, Dani Vega, afirmando que «despois de seis meses, e tras uns días nos que semellaba haber solución para este problema, de novo nos atopamos sen atención pediátrica para as nosas nenas e nenos. Tanto se botou a presumir o alcalde de que lograra facer grandes xestións para solucionar este problema, que logo se viu que o único que se lle dá ben é falar por falar».


Así, desde el BNG local acusan al regidor de dudar de la profesionalidad de los sanitarios: «Por segunda vez volveu faltar ao respecto aos profesionais da sanidade (ben lembramos a súa tensa noite cando o episodio dos lumes). Nesta ocasión, no pleno deste martes 14 de maio, deslizou algún que outro comentario no que mostraba receo e desconfianza cara algún persoal “non precisamente do concello”. Unha vez máis viuse que ao alcalde de Ribadeo, ou se lle rende obediencia, ou acaba poñendo en cuestión a profesionalidade e o desempeño que quen ouse non calar e dicirlle catro verdades».


«Desde o BNG de Ribadeo sempre estivemos apoiando, e seguiremos a apoiar, aos nosos veciños e veciñas, así como ao persoal sanitario, nas súas reivindicacións demandando a cobertura da baixa en pediatría (ou en calquera outra especialidade) así como as vacacións que se vaian ir xerando. Non podemos volver a padecer uns servizos sanitarios vidos cada vez a menos, cun verán cunha poboación triplicada e un terzo do persoal sanitario necesario», concluyen.

Por su parte, Vega manifestó en la mañana de ayer su enfado con esta situación e instaba a la Consellería de Sanidade a cubrir la plaza de pediatría: ««nestes días que estamos a falar da pediatría evidentemente o goberno municipal manifesta que non está entendendo para nada a situación, estamos moi enfadados e por iso consideramos que a Consellería de Sanidade ten que dar unha resposta moi concreta, que é cubrir a praza de pediatría. Xa sabemos que é moi difícil e complexo, pero nada é imposible e hai que conseguir as cousas e loitar por elas. E dende logo nosoutros dende o goberno non vamos estar calados: o servizo de pediatría de Ribadeo hai que cubrilo. Non pode ser que Ribadeo estea a expensas dunhas baixas e de vacacións e se reduzan eses días de servizo de pediatría. Polo tanto se temos unha pediatra temos que ter o servizo todos os días. E isto é o que dicíamos hai días. Polo tanto a reivindicación segue e non vou parar ata que teñamos o servizo de pediatría todos os días. Iso é importante».


 

Comentarios