Ribadeo creará un aparcamiento en las inmediaciones de la Illa Pancha

290424 Foto acceso Illa Pancha

El Concello creará un aparcamiento en las inmediaciones de la Illa Pancha, «onde marchan a bo ritmo as obras que realiza no acceso a ese lugar a Autoridade Portuaria cun investimento de 91.000 euros», según anunció ayer el alcalde, Dani Vega. 

El regidor municipal contó que «seguen a moi bo ritmo as obras na Illa Pancha. A Autoridade Portuaria está a investir neste momento máis de 91.000 euros, unha administración á que nós desde a oposición lle reivindicabamos que había que investir para mellorar todo este acceso á Illa Pancha e desde o goberno estámolo acreditando».

Vega manifestó: «deixamos atrás ese conflito e esa confrontación absurda, o que temos que ser conscientes é que con esas actitudes, de insulto, de confrontación, non estabamos a traer nada para Ribadeo. Este entendemento coa Autoridade Portuaria a primeira mostra é a mellora significativa de toda a Illa Pancha: un novo pavimentado, mellora dos aparcadoiros, tamén mellora dos puntos de risco como pode ser a curva de acceso á Illa Pancha, ou eses miradoiros que implican certo risco e debemos poñer vallas de protección, hai que mellorar o mobiliario, hai unha parte que se pode rehabilitar, pero hai outro que temos que poñelo novo… iso ata o de agora son 91.000 euros de inversión».

El alcalde anunció que quiere «crear un aparcadoiro nesta zona. Todo veciño ou visitante que chega á Illa Pancha non ten onde aparcar, iso xera conflicto e atasco todas as fins de semana e isto hai que solucionalo. Podemos mirar cara outro lado e dicir pois que aparquen onde poidan, pero iso non pode suceder. Podemos permitir aparcar, como se está a facer ata o de agora, no carril bici, pero non pode ser que enviemos a Policía Local a sancionar. Hai que poñerlle solucións aos problemas. Temos unha parcela que estamos arranxando e vamos poñerlle un pavimentado que nos permite Costas porque nos espazos naturais non podemos poñer calquera tipo de material senón aquel que permite a lei. Nos próximos días xa teremos case concretada a obra. Tamén vamos intentar negociar novos aparcadoiros nos próximos días».

Dani Vega subrayó: «polo tanto hoxe a noticia é moi importante: non só é mellorar o acceso a Illa Pancha senón que é dotar, por vez primeira, dun aparcadoiro no entorno da Illa Pancha e deixar atrás eses atascos de tráfico, eses conflitos que se creaban nese
espazo e poñerlle solución, concretada cun aparcadoiro que nos vai servir para ter ben ordenado o tráfico e que non haxa eses problemas que había no verán, nas pontes e practicamente todas as fins de semana».

Comentarios