O Concello inicia estes días tarefas de mantemento da contorna e do mobiliario no Cargadoiro, «unha zona que tanto para ribadenses como visitantes ten un gran valor», segundo destacou o concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos.
O edil ribadense explicou que «desde o Concello de Ribadeo queremos poñer en valor a zona do Cargadoiro, unha zona que tanto para ribadenses como visitantes ten un gran valor».
Dos Santos contou que «estivemos durante todo o verán cunha primeira acción de desbroces e agora pasaremos a unha segunda actuación que estará centrada no mantemento da contorna e do mobiliario».
O concelleiro de Medio Ambiente subliñou que «así seguimos traballando e coidando do noso».