El Concello de Ribadeo planifica sus inversiones para el año 2025. Este fue uno de los asuntos abordados en el pleno extraordinario celebrado ayer.
El alcalde, Dani Vega, habló de planificación e inversión cara al 2025 «o que pretendemos desde o Concello é organizar as inversións para o ano 2025. Debe haber unha planificación e por iso aprobamos unha serie de actuacións no pleno da pasada noite para, por exemplo, adquirir o edificio de Casa Maseda e darlle un uso concreto como pode ser oficina de turismo».
El regidor señaló «estamos nos primeiros pasos, estamos desde un punto de vista burocrático e administrativo, pero necesitábamos aprobar para ter esa cantidade orzamentaria de 110.000 euros para camiñar, para adquirir ese edificio, que evidentemente non está dando unha boa imaxe no medio do pobo, incluso corre risco de derrubarse a cuberta ante o mal estado no que se atopa, e polo tanto debemos dar un paso para que o Concello adquira un edificio no medio do pobo, nun punto estratéxico, e desde o logo darlle un uso importante».
Mejoras en calles
Sobre las infraestructuras indicó que «tamén queremos actuar e así mellorar as infraestruturas da nosa vila. Hai moito tempo que non se leva a cabo unha planificación de inversión nas nosas vías de comunicación, nas nosas rúas e polo tanto debemos actuar, na rúa da Paz por exemplo, no casco vello, que está certamente abandonada, ou na rúa San Francisco, na Avenida de Galicia, debemos facer unha serie de actuacións, dado que hai puntos concretos que non se atopan en moi bo estado, ou na rúa Vilalba, no Barrio da Torre, na rúa Suso Peña e Alza-San Lázaro, ou na rúa Reinante e tamén en varias rúas en Rinlo». Y señaló «para incluso xestionar inversión e subvencións, debemos ter unha partida presupostaria municipal para poñer as porcentaxes. En moitas delas a Xunta pon o 75% ou o 80% e o restante debemos planificalo desde o Concello e por iso parécenos importantes ter unha partida destinada a rúas e así non ter que ir a outras partidas e despois ter problemas á hora de afrontar os pagos. Este primeiro presuposto que podemos dicir que é mais noso, mais deste goberno, creo que é importante a planificación á hora da inversión».
Instalaciones deportivas
En cuanto a las instalaciones deportivas «sabemos perfectamente como se atopan. Non é nada novedoso como se atopa o pavillón que está situado na rúa Alfredo Deaño. Eu sempre digo que hai máis caldeiros aí que en todo o Ribadeo porque todo é unha goteira grande, todo é unha falta de mantemento durante moitos anos e converteuse nun pavillón que evidentemente non está nun bo estado. Necesitamos actuar aí, necesitamos tamén actuar no pavillón de Cubelas, tamén temos que actuar no Pepe Barrera, ir traballando para ter un campo de herba artificial, etc. Isto é un compromiso absoluto, por iso vamos a destinar 400.000 euros e, evidentemente, necesitamos a inversión das distintas administracións. Estou falando, por exemplo, da Xunta de Galicia ou da Deputación, ás que lles pedimos unha colaboración por cada proposta, poñer como mínimo o 40%. Así aforraríamos este orzamento de 400.000 euros, dado que tanto a Deputación como a Xunta colaboraría con cada proxecto que lle presentamos».
Dani Vega espera que «na Deputación nos reciba o deputado da Área de Deportes e na próxima semana teremos unha reunión co secretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, co señor Lete. Creemos que vai haber unha resposta positiva e niso traballamos. Tamén actuar no auditorio municipal ou na praza de abastos, que o que estamos preparando é un proxecto para ir a unha subvención da Xunta de Galicia e así arranxar por completo edificio. Pero necesitamos un orzamento para o proxecto».
El alcalde continuó «tamén vamos destinar orzamento a novos alumeados. Foi un pleno onde planificamos, onde presentamos unha proposta orzamentaria para xa tamén traballar nos presupostos do 2025. Xa estamos preparando eses presupostos. Hai que analizar perfectamente onde vamos actuar, onde vamos incidir e parécenos que hai que volver investir no social e tamén vamos apoiarás ás asociacións culturais e veciñais. Fan moito traballo e necesitan orzamento, necesitan o apoio do seu Concello. Foi un pleno, evidentemente, de analizar que vamos facer no próximo ano 2025, pero, sen lugar a dúbidas aprobar estas contas e planificar o ano 26 e o ano 27. A planificación non se fai a corto prazo, dende o noso punto de vista, senón que se marca un camiño, unha estratexia a largo prazo».