Ribadeo acoge la XXI Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón del 11 al 13 de octubre

Begoña
Del 11 al 13 de octubre se celebrará en Ribadeo la XXI Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, organizada por el Concello y con la participación de grupos teatrales de Viveiro, Sarria y Ribadeo

Del 11 al 13 de octubre tendrá lugar en Ribadeo la XXI Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que fue presentada por la concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, y por la viuda del autor ribadense, Mati González.

La edil ribadense indicó: “como cada ano lembramos ao autor ribadense Daniel Cortezón acollendo unha mostra do teatro afeccionado que se está a facer agora mesmo en Galicia. O Grupo de Teatro de Ribadeo é o anfitrión desta cita, que contará tamén coa participación de 57 Palabras, de Viveiro, e de Rebuldeira Teatro, de Sarria. As funcións serán no auditorio municipal ás 20.00 horas os días 11,12 e 13 de outubro (venres, sábado e domingo) e a entrada terá un prezo de 3 euros”.

Sanjurjo explicó que “o venres, o grupo 57 Palabras representa dúas pequenas obras: Orde e matrimonio e Entre nosoutras. 57 Palabras é un grupo de recente creación, que xorde sobre todo coa intención de facer teatro en galego para entreter. Está formado por actrices e actores cun amplo percorrido no mundo escénico e audiovisual. O sábado Rebuldeira Teatro representará Cita previa (Historias disparatadas nas consultas médicas). Esta formación de Sarria naceu no 2011, formado por alumnado e ex alumnado da aula de formación teatral creada no propio concello un ano antes. Na actualidade está formada por actores e actrices con idades que van desde os 28 anos ata a xubilación. Na súa andaina, chegaron a actuar por toda Galicia e mesmo fóra dela en colaboración cos Centros Galegos de Barakaldo e Barcelona”.

La concelleira de Cultura siguió relatando que “o domingo, o Grupo de Teatro de Ribadeo porá en escena El rigor de las desdichas, do poeta nacional uruguaio nacido en Ribadeo, José Alonso Trelles, El Viejo Pancho. É unha comedia lixeira en verso arredor da relación entre o amor e o diñeiro e cuxa montaxe xa formou parte da recente homenaxe que o Concello de Ribadeo lle organizou ao autor con motivo do centenario do seu falecemento. O Grupo de Teatro de Ribadeo naceu tamén dunha aula de teatro que o Concello puxo en marcha en marzo de 2007. Desde daquela combina as súas propias montaxes independentes coas vinculadas a eventos do Concello de Ribadeo como o Ribadeo Indiano ou o Ribadeo Ilustrado”.

Begoña Sanjurjo anima a acudir ao auditorio municipal a visualizar esta Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón do 11 ao 13 de outubro: “convídovos a todas e a todos a participar nesta mostra de teatro afeccionado o venres, sábado e domingo desta fin de semana no auditorio ás oito da tarde. Vémonos no teatro”.

Comentarios