Rematan as escolas deportivas de verán en Ribadeo

Un centenar de nenas e nenos acudiron ás escolas deportivas de verán que organizou o Concello de Ribadeo. O edil de Deportes, Francisco José Silvent, fai unha valoración moi positiva. 

O concelleiro declarou: «rematamos as escolas de verán cunha valoración moi positiva, onde tivemos un cento de rapazas e rapaces».


Silvent tivo palabras de agradecemento polo labor realizada: «queremos agradecer ao Club de Piragüismo Altruán, a Hola Ola e ao Real Club Náutico de Ribadeo a excelente labor realizada nos cursos de piragüismo, vela, pesca e surf».


O edil de Deportes subliñou que «desde o Concello de Ribadeo seguiremos apostando polos deportes en tempada estival».


Francisco José SIlvent e o alcalde, Dani Vega, participaron na firma dos convenios coas escolas deportivas de verán, que tivo lugar días atrás no salón de plenos do Pazo de Ibáñez.