«A quen pretenden enganar?» artigo de opinión do Grupo Municipal Popular de Ribadeo

tala árboles
photo_camera Foto de arquivo.
«A poda realízase porque houbo unha petición verbal por parte do centro».

¿ A QUÉN PRETENDEN ENGANAR?

Lamentable a demagoxia e a pouca ética coa que algúns membros da oposición manipularon a poda e a eliminación de certas árbores que danaban os edificios do colexio Gregorio Sanz. Recordarán cando algún membro do Bng dicía que “en política non todo vale”… pois efectivamente, non todo vale e eles xa o deberían ter ben sabido.

Foi tal a demagoxia que “sentimentalmente” estaban moi afectados polo inmenso cariño que lle tiñan a esas árbores e polo que parece ser supoñían para algún. Apaixoados sí resultaron ser, porque é ben curioso que os que máis afectados parecían estar, coñecen o Gregorio Sanz dende hai catro días e os que nos criamos e nos formamos neste centro non presentamos ningún síntoma depresivo. Ai… CANTO CONTO!! Canta ideoloxía partidista para manipular e facer dano, aínda non sabemos moi ben a quén…

A poda realízase porque houbo unha petición verbal por parte do centro. Visitamos as instalacións como tantas outras veces, e entre a dirección do centro, os técnicos e traballadores municipais, analizáronse qué árbores precisaban poda, que eran todas porque levaba anos sen facerse, e cales había que eliminar porque supoñían algún risco, danaban algunha estrutura, producían humidades ou impedían o paso da luz. Con normalidade absoluta. Como sempre o fixemos. Porque nós xa estivemos alí cando houbo que facer reformas. Porque os que estudamos nese centro, SÍ lle temos cariño e observamos a necesidade de inversión no colexio.

Por certo, o sentimentalismo dalgún debe ser máis recente porque cando houbo que xestionar inversión non apareceron por alí. Ai si!! Perdón!! Apareceron poñer paus nas rodas para a instalación do ascensor!! Como sempre, embarrando e facendo dano amparados nunha ideoloxía partidista. ¿Para qué pensar nos nenos e nenas que estudan alí?

Esta actuación forma parte das melloras do centro. O que non se pode é contar cun sistema de intelixencia lumínica e que as árbores impidan a entrada de luz natural. E moito menos que se danen as estruturas dos edificios ou metan humidades como pasaba na casa do conserxe. En breve hai que tirar todo o cierre perimetral e facer un novo. Xa sabemos que iso os máis “sentimentales” lles vai supoñer un disgusto pero Ribadeo Avanza e o colexio Gregorio Sanz, avanza con él.

Costa moito entender o que unha parte do Bng nos quere trasladar, dicimos unha parte porque ó estar tan divididos costa entendelos. Isto xa pasou hai anos, cando un concelleiro do Bng mandou eliminar árbores que danaban o cierre perimetral, onde actualmente está o campo de herba artificial. Ninguén da oposición dixo nada excepto esa parte do Bng que, como dicimos, todo lles cheira e nada lles vale (xa daquela había división pero disimulaban mellor) e acusaron a dito concelleiro de poda indiscriminada. É certo que naquela ocasión non había informe técnico, pero nós non cuestionamos a ninguén e pensamos que se fixo con criterio e sensatez.

Pero, ¿A QUÉN PRETENDEN ENGANAR?

En fin, nós ó noso, traballando arreo por Ribadeo e polos intereses dos nosos veciños.