obxectivo de desenvolver o IV Plan de Igualdade para Ribadeo.
Esta iniciativa representa un paso significativo no compromiso contínuo do Concello para promover a igualdade de xénero debido a que é consciente da necesidade de implementar medidas concretas para abordar esta problemática. Coeduc@, encargada da elaboración do Plan, é unha consultora con ampla experiencia na elaboración de plans de igualdade, o que permitirá que o proceso sexa máis sólido e efectivo, aproveitando o seu coñecemento especializado e recursos.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explicou que «estamos a traballar para que este IV Plan de Igualdade sexa froito do consenso porque a igualdade é unha responsabilidade compartida». A edil ribadense manifestou que «o enfoque interseccional que estamos a adoptar, permitiranos abordar as complexidades da discriminación e a desigualdade desde unha perspectiva máis completa. O noso obxectivo é que ninguén quede atrás, que todas as voces sexan escoitadas e que as accións implementadas sexan verdadeiramente transformadoras».
Begoña Sanjurjo subliñou que «desde a Área de Igualdade do Concello, comprometémonos a manter un seguimento rigoroso das accións levadas a cabo no marco do Plan de Igualdade. A avaliación constante permitiranos axustar estratexias se é necesario».