No encontro, no que tamén participaron o número 1 ao Senado polo PSdeG-PSOE en Lugo, César Mogo, e a número 2 ao Congreso, Patricia Otero; a alcaldesa de Trabada, Mayra García, e a portavoz do PSOE no Concello de Ribadeo, Marta García; Gómez Besteiro puxo en valor as políticas levadas a cabo polo Goberno de Pedro Sánchez durante a pandemia e a crise derivada da Guerra en Ucraína, «cun importante investimento de recursos públicos co Plan de Recuperación para non deixar atrás a ningunha peme e autónomo da provincia».
Neste almorzo de traballo, que serviu para coñecer de primeira man o impacto destas medidas entre os propios protagonistas e para tomar nota das súas demandas e necesidades, os socialistas lucenses destacaron o papel protagonista das pemes e dos autónomos na saída da crise e exemplificaron algunhas das iniciativas postas en marcha polo Goberno para apoiar ás empresas «como os máis de 670 millóns de euros aboados en Galicia cos ERTE, os 500 millóns en prestacións a autónomos, os 12 millóns para a transformación dixital dos negocios lucenses, as liñas de avais de crédito ou programas de I+D, entre outros».