El alcalde, Dani Vega, explicó que «remataron as obras da mellora do Cargadoiro. Desde logo estamos satisfeitos do traballo que se fixo, xestionamos en primeiro lugar un orzamento de 32.000 euros para mellorar e mimar todo un entorno medio ambiental, un pulmón
importante para Ribadeo, un espazo turístico, e desde logo cando chegábamos ao Concello, encontramos que realmente estaba moi abandonado e non podíamos permitilo. E o que fixemos foi xestionar primeiro o orzamento e despois realizar as obras».
Vega subrayó que «todos os danos que había na estrutura do Cargadoiro resolvéronse, tamén se mellorou todo o mobiliario, as infraestruturas do alumeado público, que estaban danadas tamén as melloramos, eliminamos todos eses graffitis, eses adhesivos, esas pintadas, os danos nos paseos, as vagonetas que estaban en mal estado, en definitiva, melloramos toda unha contorna que para nosoutros é moi importante».
Y añadió: «nesa liña é na que vamos seguir, mellorando, mimando e coidando o que é de todos, e desde logo a nosoutros parécenos moi importante que O Cargadoiro teña un mantemento no tempo, é dicir non é arranxar agora e abandonar despois. Agora hai
que conservar e hai que mimar todos estes espazos durante os anos vindeiros. Polo tanto, estes 32.000 euros significan unha posta clara por conservar o que de todos».