El BNG de Ribadeo ha denunciado que el centro de salud vuelve a estar sin servicio de Pediatría. Por ello, para reivindicar un servicio digno, ha convocado una concentración para el miércoles 30 de octubre a las 12.00 horas delante del centro.
El grupo municipal nacionalista afirma que «desde hai dúas semanas, o centro de saúde volve estar sen pediatra tendo que asumir a carga de traballo o resto de facultativas, que tamén cobren a falta de outras médicas de familia». La concelleira Raquel Ferreira explicó que «desde hai dúas semanas aproximadamente, Ribadeo atópase sen un servizo de Pediatría permanente. Isto significa que uns 960 nenas e nenos de Ribadeo e do veciño concello de Trabada non dispoñen da asistencia sanitaria especializada que merecen e á que teñen dereito por lei. A solución provisional por parte do Sergas parece ser contratar dous días a semana pola mañá un pediatra da sanidade privada. As crianzas que non poden ser atendidas nestes días son derivadas a médicas de familia que carecen da especialidade de pediatría e que pasan a engrosar aínda máis as súas xa de por si apretadas axendas. Como consecuencia están a sufrir retrasos na atención».
Ferreira manifestó que «a finais de abril xa levamos unha moción ao pleno, que foi aprobada por unanimidade, para reclamarlle á Xunta e ao Sergas unha solución real, permanente e duradeira a esta problemática que seguimos sufrindo cada certo tempo. Pasados os meses volvemos ver que nada se fixo e o alcalde de Ribadeo mantén o silencio cómplice. Parece ser que o seu histriónico enfado non valeu para demasiado. Por todo isto, convocamos a toda a veciñanza a unha concentración diante do Centro de Saúde para reclamar, unha vez máis, unha atención pediátrica e primaria digna e volveremos pendurar a faixa na que se recolle esta reivindicación».