El BNG le reclama a la Xunta «un apoio económico total» para las obras de reforma del hospital asilo de Ribadeo

NOTICIAS AQUI DIARIO - 2024-08-06T131718.743
Además, le piden al alcalde que «axilice a execución de dita obra».

Desde el Bloque Nacionalista de Ribadeo consideran «insuficiente» el anunció realizado este martes por la Xunta de Galicia a respecto del convenio sobre la reforma integral del hospital asilo. «Felicitamos ao pobo de Ribadeo por termos conseguido entre todos e todas esa achega de 700.000 euros, pero non satisfai o 100% da obra, cousa que si vai ocorrer en concellos veciños. E polo que se refire ao grado de execución da obra, a 1 de xullo tan só ía executado o 6%. Este desleixo na evolución das obras de reforma ben poucos foguetes permite botar», argumentan. 


«Dende o primeiro momento, por parte do BNG demandamos de forma reiterada e en diferentes instancias que a Xunta apoiase decididamente esta obra (e tamén outras). Pero hoxe, outra vez máis, recomendámoslle ao alcalde que abandone esa actitude triunfalista que amosa nas súas declaracións porque aínda queda moito por facer. O anuncio desta inversión por parte da Xunta deberíase ter producido hai anos, desde o momento en que se viu que era necesario acometer esa importante obra. Xa nada achegou cando a residencia de maiores. Menos mal que se decide a botar unha man nesta ocasión. Non podemos esquecer que afunción asistencial que estas instalacións prestan é competencia exclusiva da Xunta de Galicia, por moito que o inmoble sexa de titularidade municipal», explican los nacionalistas. 


Precisamente por este motivo, el BNG demanda a la Xunta que «a achega da Xunta non se limite a unha cantidade que nin sequera cubre a metade da inversión total». «Por moito que se conte coa doazón do Dr. Moreda, a Xunta debería achegar o total da inversión de dita reforma, como así está facendo con outros concellos próximos a Ribadeo aos que lles vai financiar o 100% das obras (tal é o caso de Riotorto ou Abadín). Por que motivo non segue o mesmo criterio con Ribadeo? Deberían explicarllo ao pobo de Ribadeo», indican. 

Los nacionalistas recuerdan que «para poñer en servizo o hospital asilo, ademais da súa reconstrución vai ser necesaria unha importante inversión en mobiliario e equipamento específico para que se poida realizar a súa función de atención e asistencia ás persoas usuarias». Para esto, y también para su funcionamiento diario, proponen que «podería empregarse a doazón do doutor Moreda como benefector, sempre que a administración competente, é dicir, a Xunta de Galicia, investise o 100% do custe total das obras»

Por otra parte, consideran «unha mágoa» que este anuncio del convenio llegue ahora «e non hai ano e medio (ou incluso antes), porque naquel momento tería evitado moito traballo en solitario por parte do Concello ante a escandalosa ausencia da Xunta durante todo este tempo». «Ademais, tería evitado tamén que, por parte do Concello, no ano 2023, se tivese que concertar un préstamo para a reconstrución do hospital asilo podendo destinar todos eses recursos a atender outras áreas municipais», añaden. 

«Cando desempeñamos responsabilidades de goberno en Ribadeo tiñamos claro o que había que facer máis alá de estratexias electoralistas. Consideramos que se trataba dun servizo fundamental para as nosas veciñas e veciños e puxemos todos os recursos posíbeis en conseguir o obxectivo: dispoñer de dous centros cunha atención excelente para os nosos maiores, coa axuda ou sen a axuda de quen está obrigada a colaborar: a Xunta. E deixamos feita e en funcionamento a nova residencia, o Centro de Atención a Maiores, cun sistema de funcionamento exemplar, e financiadas e adxudicadas as obras do Hospital-Asilo», prosiguen.


Otro capítulo no menos importante es el de la evolución y el estado actual de estas obras. Según la certificación del propio Concello ribadense, en el mes de julio tan solo estaba ejecutado el 6% del total de las obras, más de un año después de su adjudicación por un plazo de 18 meses. Un retraso que tiene «enormes consecuencias negativas para Ribadeo e para as persoas necesitadas dunha praza para a súa atención». «Cada día que pasa, cada retraso que se acumula, implica unha maior espera porparte das persoas maiores que están lonxe das súas familias por non poderen regresar á súa residencia. Queda moito por facer. Así que, Sr. Alcalde, póñase mans á obra», concluyen desde el BNG local.