Dani Vega apuesta por el «traballo conxunto» para tener un nuevo centro de salud en Ribadeo

El alcalde, Dani Vega afirma apostar por el trabajo conjunto entre administraciones para tener un nuevo centro de salud en Ribadeo. Y subraya que el equipo de gobierno está escuchando todas las opiniones sobre esta importante infraestructura. 

El regidor señaló: «debemos escoitar todas as opinións e todas as propostas. Nisto é no que está o goberno municipal, o Concello de Ribadeo, sobre distintos temas municipais que nos preocupan, que debemos mellorar e polo tanto o centro de saúde é unha
cuestión prioritaria para Ribadeo». 

Vega contó que «nosoutros reunímonos con Modepen para escoitar as súas propostas, recoller as súas opinións e así mellorar entre todos, co máximo respecto, coa máxima lealdade e tamén cun obxectivo claro: mellorar o centro de saúde, mellorar tamén a
atención neste centro de saúde actual, ter máis servizos sanitarios e loitar todos por un novo centro de saúde que vai traer de forma rápida e directa novos servizos sanitarios a Ribadeo».

El alcalde destacó que «o obxectivo é mellorar a sanidade pública e todos debemos traballar conxuntamente. Eu agradezo profundamente a Modepen que tivesen esta xuntanza con nós, comigo e cos concelleiros delegados, e tamén ter esa reunión coa
Xunta de Galicia. Eu expliqueilles cal foi a decisión, na pasada lexislatura o goberno municipal propuxo este terreo, todo o pleno aprobou esa ubicación e entendemos que era a mellor opción. Había outras, pero non cumpren coa normativa urbanística».

Daniel Vega indicó que «non podiamos perder o tempo, nosoutros desde a oposición tamén criamos que había outras opcións e cando chegamos ao goberno municipal os técnicos municipais explicáronnos que eran boas propostas, pero que non collía o edificio do centro de saúde, que non collía o 061 para telo alí de forma conxunta e que o obxectivo da Xunta era telo cerca das infraestruturas, é dicir das estradas que conecten rápido coa autovía para así reducir ese tempo vital para chegar ao Hospital da Mariña».

Para el regidor ribadense «son criterios técnicos, razoables, que lle expliquei a esta asociación, pero tamén lles dixen que os técnicos municipais explican isto e tamén queremos que veña a Xunta de Galicia e vos explique. Nestes momentos xa están chegando os informes preceptivos, que de forma rápida cando chegamos ao goberno nos puxemos a traballar, e teñen de fecha límite para chegar todos ata o 21 de xaneiro e a partires de aí xa faremos a modificación provisional do Plan Xeral para poder construír o centro de saúde».


Daniel Vega manifestó que «estamos dando pasos rápidos nestes poucos meses de goberno, estamos traballando de forma conxunta coa Xunta de Galicia e tamén imos ter unha xuntanza co conselleiro para ir avanzando na mellora dos servizos sanitarios. Un traballo  conxunto, entre todos, que respectamos a Modepen, que escoitamos as súas propostas neste caso e noutras moitas máis materias que son de interese para Ribadeo. Entre todos estamos a facer un traballo necesario para mellorar a sanidade pública de Ribadeo, que é o obxectivo de todos».

Comentarios