La concejala de Igualdade, Begoña Sanjurjo, fue la encargada de dar lectura al manifiesto conmemorativo: «como cada 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero contra as Mulleres. A violencia de xénero é unha das violencias contra os dereitos humanos máis estendida no mundo actual. Non podemos permitirnos ser indiferentes ante esta lacra que persiste na nosa sociedade. Non é só un problema das mulleres; é un problema de toda a sociedade».
La edil ribadense dijo que «estamos aquí para comprometernos a traballar xunt@s para derrubar as barreiras que perpetúan a desigualdade. Somos motor de cambio da sociedade en cada conversación que desafía os estereotipos, en cada acto que defende a igualdade».
Y apostó por celebrar «a valentía das mulleres que se negan a ser vítimas, que alzan a voz e buscan xustiza. Apostemos pola liberdade a través da coeducación. Miremos cara ao futuro coa esperanza de que as xeracións que nos seguen serán menos tolerantes coa violencia e máis comprometidas coa equidade, pero nós somos o seu exemplo, non podemos baixar a garda».
Tras a lectura do manifesto 'Ribadeo unida pola Igualdade, Forte contra a Violencia', un lenzo de emocións transformou o espazo da Casa Consistorial nun reflexo palpable da unidade e a creatividade. As escaleiras do Concello foron testemuña de murais que narraban desexos contra a violencia de xénero entrelazados con pinceladas de expresión artística.
Os actos do 25N seguirán mañá no auditorio municipal de Ribadeo coa representación de Miss España a cargo de Iria Piñeiro. Será ás 20 horas.