El alcalde, Dani Vega, señaló que “esta tarde noite celebramos pleno municipal en Ribadeo, onde abordaremos varios asuntos na orde do día. O primeiro deles será incrementar a partida orzamentaria para a moeda local, a Pancha, pasamos de 65.000 a 85.000 euros. Trátase dun incremento de 20.000 euros. Entrará rapidamente en vigor para que estea en circulación esa colaboración co comercio local. É unha boa maneira de impulsar economicamente o comercio e polo tanto a moeda local incrementa o orzamento porque asinamos un convenio coa Dirección Xeral de Comercio, coa Xunta de Galicia, de 20.000 euros en promoción económica”. Para el regidor se trata “dunha moi boa xestión, que permitirá que se beneficien todas aquelas persoas que veñan comprar á vila de Ribadeo”.
Vega afirmó “tamén aprobaremos o convenio que se vai asinar coa Secretaría de Estado en materia de seguridade. Hai poucos días que tiñamos esa xuntanza da mesa de seguridade para abordar esta importante cuestión. É moi responsable coordinar todos os eventos e ten que haber seguridade en todos eles. Este convenio o que lle da é un rango superior e xa vamos ter esa coordinación coa Secretaría de Estado”.
El alcalde añadió que “grazas tamén ao colectivo que coordina o irmandamento con Loctudy, cos que estamos a traballar conxuntamente para organizar un acto en setembro, e tamén darlle o nome de Loctudy ao novo miradoiro do Cargadeiro. E aprobaremos o cuarto Plan de Igualdade. Hai que felicitar á concelleira responsable, aos técnicos deste departamento que están a facer un grande traballo e por iso imos aprobar ese plan”.