El Concello de Ribadeo sigue involucrado en la mejora del Parque de San Miguel y también mejorará la rúa Illa Pancha. El alcalde Dani Vega explicó que «seguimos mellorando o parque de San Miguel. No primeiro convenio, 100 % coa Xunta de Galicia, o financiamento fixo posible que melloráramos o chan do parque e tamén que renováramos de todos os xogos infantís. O segundo convenio, tamén 100 % con financiamento da Xunta, vai facer posible que retiremos todo o mobiliario, coloquemos novo equipamento; tanto mesas, como bancos e papeleiras; e, dunha vez por todas, garantir a seguridade deste parque, eliminando todos eses setos vexetais e colocando unha varanda de madeira que garanta a seguridade e que así cumpra a normativa o parque infantil».
Vega apuntó que «imos construír unha soleira que comunique o barrio de San Miguel co Cargadeiro, e actuaremos na rúa Illa Pancha. Todos somos conscientes de como se atopa esa rúa, chea de fochancas. É de xustiza que os veciños reclamaran agora e hai moito tempo que as administracións tiñan que investir para mellorar este espazo. Nós, desde o Concello, o que fixemos foi xestionar o orzamento e firmar un convenio onde aporta o financiamento 100 % a Xunta de Galicia. Toda esa rúa imos fresala, limpala e vai aplicárselle un aglomerado en quente para que estea nun perfecto estado».