Dan comienzo las obras de mejora del hospital asilo, que supondrán una inversión de 1.600.000 euros. El alcalde, Dani Vega, destaca que la Xunta destinará una partida de 700.000 euros, que se irá incrementando paulatinamente.
El regidor afirmó que “comezan as obras do hospital asilo e durante estes meses o Concello estivo a traballar arreo para mellorar esta instalación”. Vega tuvo palabras de agradecimiento para los técnicos municipales: “quérolles dar as grazas a todos os técnicos municipais, tanto de benestar social como de urbanismo, porque entre todos fixemos algo posible: mellorar unha infraestrutura que dentro dun meses vai ter que acoller a persoas e teñen que estar perfectamente”.
El alcalde dijo: “imos investir diñeiro público, polo tanto non é facer unha obra rápido e correndo, iso tradúcese en tirar os cartos de todos. Melloraremos esta instalación e tamén estivemos a informar durante todos estes meses aos grupos da oposición, tanto ao PSOE como ao BNG. Estiveron informados permanentemente dos pasos que iamos a dar: mellorar as infraestruturas, mellorar certas cousas que observamos entre todos que era conveniente facer unha actualización do propio hospital asilo, tamén elaboraramos un plan de seguridade e propúxose unha dirección da obra”.
Dani Vega indicó que “todos estes pasos levaron un tempo, teñen unha burocracia e seguramente que se tiñan que facer mais rápidos, pero non é cuestión nin unha decisión miña nin tampouco dos técnicos, son os prazos que hai que cumprir. Todo o que se fixo foi co máximo rigor, co máximo respecto e pensando no mellor para as familias e para as persoas que virán vivir nos vindeiros meses a esta residencia”.
El regidor aseguró que “comezan unhas obras que teñen un orzamento de 1.600.000 euros e seguramente que esta cifra se incrementará e por iso nos estivemos preocupando en xestionar. A Xunta de Galicia vai achegar 700.000 euros, pero esa cifra se incrementará paulatinamente e nese traballo estivemos e estamos, xestionando orzamento para garantir que o Concello non teña que poñer unha cantidade moi importante. E se podemos non poñer nada e a Xunta nos axuda en practicamente todo pois moito mellor”.
Vega señaló que “a achega do doutor Moreda de 700.000 euros máis a da Xunta nos garante a obra. Estes pasiños, pouco a pouco, co máximo criterio, co máximo rigor e coa máxima eficacia e traballando conxuntamente cos técnicos municipais, porque é bo oír ás dúas partes, a parte urbanística e tamén a de benestar social, foi no que estivo a traballar este goberno municipal, este Concello de Ribadeo”. El alcalde añadió que “empeza unha obra moi importante, fundamental e necesaria para todos os ribadenses”.