Ribadeo mejora estos días el entorno y acceso a la playa de As Catedrais con una inversión -en esta primera fase- de 80.000 euros. El alcalde, Dani Vega, señaló que “As Catedrais mellora a súa imaxe. Non só debemos falar das Catedrais, senón que temos a obriga de xestionar, de concretar o orzamento para mellorar todo este espazo natural. A xestión feita foi de preto de 80.000 euros cos que melloraremos todo o espazo natural e o acceso a este areal. Sabemos que o pavimento, que a zona de acceso está certamente deteriorada. Vamos repoñer pedras, vamos reparar os muros, vamos construír unha zona de vallas de dobre corda, que terán máis de 380 metros de lonxitude. Hai unha zona de vexetación autóctona que temos a obriga de coidar, de protexer, e tamén serve para limitar toda esa zona de alto risco, porque moitas persoas teñen o atrevemento de acercarse moitísimo, entón con esta valla de dobre corda, impedimos o acceso”.
Para el regidor “evidentemente non chega con iso, senón tamén cos informadores que ten a Xunta de Galicia, pois entre as dúas cousas vamos limitar a presenza de moitas persoas por espazos que non se deben pisar porque hai que conservalos, pero tamén é de alto risco achegarse tanto á zona de visualización das Catedrais”.
Vega recordó que “neste tema xa estabamos traballando na oposición, e iso eu xa llo trasladei en moitas ocasións a Turismo de Galicia. A sinalización que tiñan a Xunta, Concello, Costas era en principio, moi antiga, despois certamente confusa, era moita información e eu creo que a xente non lía absolutamente nada. Nosoutros o que fixemos foi sentar a todas as administracións, tanto a Costas como á Xunta de Galicia, como nós mesmos como institución, e dixemos con claridade que debemos ter unha sinalización, imos mellorala desde un punto de vista da propia sinal, pero tamén a información que queremos trasladar. Polo tanto, iso conseguímolo e tamén o vamos mellorar”.
Y añadió que “a reparación de todos os muros das zonas do aparcadoiro, que é un elemento significativo, é un elemento a conservar no espazo natural das Catedrais e estámolos a reparar nestes momentos. E tamén todo o entorno deste areal vaise mellorar tanto as zonas dos baños, o aparcadoiro inicial da praia das Catedrais tamén o vamos reparar. En consecuencia vai haber unha mellora importante deste espazo. Non nos vamos quedar aquí, esta é unha primeira actuación de 80.000 euros, pero a continuación xa vamos empezar a xestionar o que realmente importa, que é todo o paseo e tamén os aparcadoiros que son fundamentais na praia das Catedrais”.
El alcalde ribadense subrayó que “este é un primeiro paso neste primeiro ano de goberno, pero evidentemente xa estamos traballando en distintas liñas porque son fundamentais, tanto un paseo, é dicir todo ese pulmón que debemos aproveitar desde un punto de vista medioambiental, tamén o aparcadoiro, que é fundamental para a xestión da circulación, e tamén seguir na liña de crear espazos naturais, de conservar todo un medio natural, que é tan importante nos tempos que corren”.