O rexedor manifestou que «onte, domingo, arrincou a quinta edición da Pancha. Xa podedes adquirir os bonos a través do moedeiro dixital Panchapeto. Pouquiño a pouco está repercutindo de xeito positivo nos máis de 100 establecementos de comercio e de hostalaría ribadenses. A campaña tamén beneficia á propia veciñanza e a todos aqueles que nos visitan porque obterán un aforro importante nas súas compras».
Vega subliñou que «son 200.000 panchas as que están dispoñibles nesta edición ata o 31 de decembro. As panchas poden adquirirse en www.pancharibadeo.gal e aí está tamén toda a información así como a listaxe dos establecementos participantes».
O alcalde lembrou que «son 80.000 euros de investimento. Iso ten un obxectivo claro que é estimular a economía local, darlle protagonista ao comercio e á hostalaría locais». E subliñou que «hai 50 packs vendidos e 1.975 panchas gastadas. Pouco a pouco a pancha, a moeda de todos, xa está poñéndose en circulación, todo o mundo se está a beneficiar desta moeda, deste aforro ao que o Concello quere darlle un protagonismo importante e quere seguir investindo cada vez máis porque é unha forma de axudar á economía local, a Ribadeo, que é o que importa».