En opinión del BNG de Ribadeo, los comentarios realizados por el gobierno municipal sobre el nombramiento de monseñor Antonio José Valín Valdés como obispo de Tui-Vigo "non son de recibo". Los nacionalistas instan al gobierno municipal "que saiba diferenciar planos á hora de felicitar a calquera veciño ou veciña que destaque polo mundo adiante: non pode ser que un recoñecemento público cara a unha persoa derive nunha serie de comentarios de contido confesional. O concello de Ribadeo, como todas as institucións do estado, é aconfesional".
Los nacionalistas atacan a Daniel Vega, a quien acusan de "dilapidar o erario público". "Do mesmo xeito que gasta diñeiro sen control, fai comentarios sen ter en conta todas as distintas sensibilidades e ignorando os principios básicos de convivencia democrática. Se Daniel Vega falase como un cidadán que se sinte católico, no seo da comunidade católica, empregando o taboleiro de anuncios de dita comunidade, poderían ter sentido os comentarios feitos por el e o seu goberno. Pero ditos comentarios aparecen nas redes sociais do Concello, pagadas por todos e todas nós, cidadáns e cidadás dun concello integrado nun estado aconfesional. O goberno municipal do PP, no canto de marcar distancias coa extrema dereita, aproveita a máis mínima ocasión para aparentar que, en certa medida, representa os valores máis rancios da España imperial que ostentaba baixo palio o seu poder", agregan.
"Desde o BNG de Ribadeo, cremos que se poden facer as cousas doutro xeito ben distinto. Felicitamos a Monseñor Antonio José Valín Valdés, ribadense de nación, pola súa incorporación aos labores como bispo na diócese de Tui-Vigo. Para alén do carácter confesional do cargo que ostenta, desde Ribadeo felicitámonos porque un veciño noso asuma altas responsabilidades e por iso lle desexamos o mellor dos acertos no seu labor. Ogallá saiba dar cabida ás preocupacións sociais que outros compañeiros de ministerio teñen manifestado. Ogallá saiba tamén dar pulo a novas iniciativas que se están a dar no seo da Igrexa católica para potenciar máis o uso da nosa lingua nos seus rituais", afirman.