La formación nacionalista criticó la programación del Concello de Ribadeo para el 25 N, Día Internacional para la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres. «Presentáronnos para este día un programa descafeinado, nesta dinámica xa tan súa de “facer que facemos”, reutilizando proxectos doutros anos como as historietas contra a violencia machista que os alumnos e alumnas dos centros de ensino ribadenses idearon hai tres cursos. Non se lles ocorría nada novidoso? Ou non interesa?», se preguntan.
Además, consideran que la programación dirigida a los centros escolares para este año «consistiu na visualización da película “Matria”, unha longometraxe só apta para os cursos superiores, pola que o alumnado asistente tivo que pagar o que lle chamaron un prezo simbólico. O que é un precio simbólico para unhas persoas pode ser motivo de discriminación para outras e, nos tempos que corren, un esforzo máis para moitas familias. Isto pode darnos unha idea da importancia real que este goberno lle dá ao 25N: un goberno ao que non lle importa malgastar diñeiro público en gorras, carpas e luces, pero que pecha o peto para a formación en igualdade da mocidade». Y ponen como ejemplo que, en Santiago de Compostela, la misma proyección fue gratuita.
Lamentan también el diseño del cartel de las jornadas de defensa personal femenina «que nos chamaba a converternos en superheroínas de cintura fina e curvas voluptuosas, perpetuando estereotipos afastados da diversidade que nada nos axudan ás mulleres, e depositando de novo en nós a responsabilidade: “Empodérate e protéxete”. Unha vez máis somos nós as que nos temos que protexer, que “non debería pasar pero pasa”, como dicía a Xunta de Galicia na súa polémica campaña do ano pasado».
Consideran que en pleno 2023 este «discurso resignado» ya debería estar superado «para empoderarnos de verdade e apostar pola única forma posible de acabar coa violencia machista: a educación. Educación en igualdade para non ter que vivir con medo e a protexernos, para entender que o único que ten que asumir responsabilidades nunha agresión machista é o home que a perpetra». Y añaden: «Que saber zafarnos se alguén nos ataca está ben? Por suposto. Que hai moitas cousas que aprender antes? Tamén. Como a ter un pouco máis de tino, e manter o anonimato das asistentes a este tipo de cursos e xornadas, mulleres das que non sabemos o contexto persoal que as leva a participar, e que non teñen que someterse á exposición pública gratuita só para que o goberno do PP sume unha foto máis ó seu álbum de recortes».
Ferreira considera que «as actividades que se programen para este día deben ser meditadas e ter un propósito, deben remover conciencias, deben facernos pensar, deber ter visibilidade e proxección durante o resto do ano. Hai que profundizar, traballar e posicionarse; só con bos desexos non se consegue nada». Además, achacan la poca afluencia a varios de los actos al hecho de no involucrar y hacer partícipe a la sociedad, que es la base para que los programas tengan seguimiento.
«A única forma posible de atallar a violencia contra nenas e mulleres pasa pola formación e educación en igualdade, dende os máis cativos ata nós os adultos, que debemos ser exemplo cada día e saber corrixirnos e recapacitar se algunha vez non o somos. Señoras e señores do PP de Ribadeo, por todas nós, póñanse as pilas», concluye.