El BNG de Ribadeo buscará negociar con el Gobierno Municipal la nueva modificación de la ordenanza para aprovechamiento de vías públicas. En los últimos días el grupo municipal nacionalista presentó una moción para que el depósito de fianza vuelva a ser obligatorio para todas las empresas del sector de la madera. En las últimas horas el PP presentó su propuesta para volver a modificar la ordenanza, después de la primera modificación que hicieron a finales de enero de este mismo año, en la que suprimían la obligación. Para buscar el consenso y la estabilidad, y evitar que la norma se esté modificando cada pocos meses, el BNG buscará un acuerdo con el PP.
El portavoz del partido, Pablo Vizoso, declaró: “Como xa dixemos hai poucos días, a última modificación da ordenanza fracasou estrepitosamente, en tan só 7 meses, por verse obrigado o concello a prohibir as cortas por primeira vez na historia. Desde este grupo municipal cremos que é necesario achegar estabilidade á norma para asegurar un correcto funcionamento das cortas e sacas de madeira, e máis tendo en conta os graves incendios do ano pasado. Facer dúas modificacións dunha ordenanza no mesmo ano é un signo de inestabilidade e mala planificación. Debemos recordar que a ordenanza orixinal levaba en vigor desde o ano 2013 e nunca dera que falar porque funcionaba de xeito correcto. Advertimos reiteradamente que isto ía pasar, pero agora xa foi e debemos buscar solucións".
Vizoso propone: “Nós non somos partidarios de aumentar as sancións, xa que coa ordenanza orixinal nunca fixo falta sancionar nin executar unha soa fianza, co aviso de execución era suficiente para que as empresas levasen a cabo o arranxo. Inda así, se o goberno considera que é unha ferramenta útil estamos dispostos a apoialos, pero a cambio de que recuperen a obriga que levamos meses reclamando. Estabilidade e negociación é o que ofrecemos. Protexer a veciñanza é o máis importante”.