El BNG de Ribadeo afirma que el alcalde "faltou á verdade" sobre el convenio que la Xunta y el Concello iban a firmar para la reforma del Hospital Asilo. Los nacionalistas exponen que "hai uns quince días, o BNG de Ribadeo manifestou a súa ledicia polo feito de que, segundo dicía o alcalde, a Xunta ía asinar un convenio co Concello de Ribadeo polo que ía achegar 700.000 euros para realizar as obras de reforma integral do Hospital Asilo. Con todo, manifestamos que iamos prestar atención para comprobarmos se efectivamente se ía asinar este convenio. Ben nos gustaría confirmalo. Pero a realidade é moi teimuda: o alcalde de Ribadeo volveu enganar a todo o pobo de Ribadeo. E non nos merecemos un alcalde mentireiro".
El grupo nacionalista estima que "a Xunta debería sufragar o cento por cento da obra, pois trátase dunha competencia súa. O goberno da Xunta xa debería ter colaborado coa construción da Residencia de Persoas Maiores de Ribadeo, pero mirou cara a outro lado, pensando máis nos propios intereses do PP que no pobo de Ribadeo. Unha vez máis, o PP desenténdese de Ribadeo, a alcaldía de máis poboación que goberna o PP na provincia de Lugo. No PP galego pensan máis noutros intereses partidarios. Vese que neles non está nin o PP de Ribadeo, nin o alcalde e ex deputado autonómico. Outros pobos, aos que felicitamos, lograron que se asine ese convenio de colaboración para reformaren ou construíren a súa residencia de maiores. A Daniel Vega, que tanto presume de xestión, resísteselle. Non lle fan caso".
Desde el BNG aseguran que seguirán "presionando" para que la Xunta cambie de actitud y firme el convenio. "Temos que lamentar que cada semana que pasa sen que se asine dito convenio é un tempo perdido", añaden.