El BNG de Ribadeo considera que el gobierno municipal presenta «uns orzamentos moi inflados»

concello de ribadeo
photo_camera Los nacionalistas opinan que la partida de ingresos está «sobredimensionada»
Consideran que hay una previsión «desmesurada» de ingresos

El BNG de Ribadeo afirma que «como de costume, os orzamentos que presentou o Partido Popular de Ribadeo tiñan varios erros, tanto de importes como de asignación de gastos a partidas orzamentarias ás que non lles correspondía. Vistos polo concelleiro do BNG responsable de Facenda, Vicente Castro, detallámolos na comisión informativa na que se comezaron a analizar. O goberno municipal aceptou esas correccións e trasladounas ao pleno deste venres 20 de decembro, no que se aprobaron os orzamentos. Pero mellor tería sido que fosen presentados correctamente, sen erros, e con máis antelación».

«Como ocorreu cos de 2024, os orzamentos do 2025 están moi inflados con respecto á previsión de ingresos. Queda a impresión de que o goberno municipal fíxoos do revés: prevendo canto gasto querían facer para o novo ano, calcularon despois cantos ingresos precisarían. E aí botaron a voar a imaxinación: para lograr unha cifra que se adaptara á previsión de gastos calculada inicialmente. E, ollo! Que se falamos de gastos, o actual goberno municipal adoita tirar a casa pola ventá», explican los nacionalistas.

Los nacionalistas citan «varios exemplos desta previsión desmesurada e pouco realista de ingresos. No ICIO (Imposto de Con euros, e a 6 de decembro de 2024 tan só se recadaran 140.000 euros eu euros; no 2024 pensaban recadar 135.000 euros, pero só recadaron 40.000 (apenas un 30% do previsto). Neste 2024, na recollida do lixo recadaron 260.000 euros menos do previsto; e no canon da auga, 500.000 euros menos. Aproximadamente, recadáronse un millón e medio de euros menos do previsto inicialmente». «Por outra banda, hai que destacar que, aínda que aumenta a previsión de ingresos, curiosamente diminúe a partida dedicada a investimentos nun 16%. E en cultura cae un 40%. Pero aumenta a partida dedicada a festexos (nun 58%) e a de publicidade e propaganda (nun 100%)», agregan.

Como síntesis, exponen que la credibilidad de Dani Vega «queda de novo cuestionada». «Pouco a pouco vaise vendo que a capacidade inversora do Concello de Ribadeo perde fol: pero, a maiores, hai partidas de investimento para as que non se contempla a parte que lle corresponde ao concello, pero si están previstas as que lle corresponden a outras administracións. Pois ben: cando toque abordar eses proxectos, ao non haber consignada ningunha cantidade por parte do concello nos seus orzamentos, haberá que buscala noutras partidas. E iso supoñerá espir un santo para poder vestir outro, e atrasos na súa tramitación. Velaquí outro exemplo da mala eficiencia do alcalde de Ribadeo», manifiestan.

Comentarios