O rexedor dixo que «xa comezaron os traballos para retirar todo o equipamento, todo o mobiliario do Hospital Asilo para así comezar as obras neste mes de outubro».
Vega lembrou que «nós sempre dixemos con moita claridade que é unha obra importante, con moitas dificultades, cun investimento que superará o 1,6 millóns de euros e por iso precisamos retirar todo o equipamento, é dicir facer un baleirado profundo do hospital asilo».
O Concello realiza un estudo para decidir o destino que lle dará a ese mobiliario: «estamos a facer un estudo sobre o destino que lle daremos a este equipamento e estamos a dar os primeiros pasos para comezar unha obra fundamental e moi necesaria para Ribadeo».
O alcalde subliñou que «por parte do Concello fixemos todo o traballo e toda a xestión para contar co orzamento necesario. Con esta obra colaborará tamén a Xunta de Galicia».