Desde el Concello Ribadeo hacen un balance positivo de esta Semana Santa en la que por las oficinas de turismo pasaron alrededor de 2.850 personas. Los datos fueron presentados por el alcalde, Dani Vega, y por la concejala de Turismo e Comercio, Marta Saiz.
La edil ribadense contó que «rematada a Semana Santa podemos dicir que o total de viaxeiros atendidos nas nosas oficinas de turismo foi de 2.850 persoas. A do centro abriu todos os días en horario de mañá e tarde contabilizando un total de 690 persoas. Os días de maior afluencia foron o xoves e o sábado con arredor de 180 visitantes por xornada. O punto de información turística da praia das Catedrais, que tamén abriu todos os días en horario de mañá e tarde, rexistrou un total de 2.154 persoas. E aquí o día de maior afluencia foi o venres con 575 persoas».
Saiz dijo que «a maior parte dos viaxeiros que visitaron o noso concello foron nacionais e procedentes das comunidades de Madrid, Castela-León, País Vasco e Galicia. E no caso do turismo internacional destacan os visitantes chegados desde Alemaña e Arxentina».
La responsable de Turismo subrayó que «a ocupación hoteleira durante estes días roldou preto do 85%. Obsérvase un lixeiro descenso con respecto ao ano anterior, que moi probablemente fose provocado polas adversas condicións meteorolóxicas que chegaron a provocar o peche da praia das Catedrais o xoves e o venres. Esta foi unha decisión consensuada coa administración autonómica e cos técnicos e profesionais. E desde logo foi unha decisión adoptada desde a responsabilidade, a prudencia e baixo un criterio único, que é velar pola seguridade das persoas».
Marta Saiz seguió relatando que «co fin de seguir potenciando Ribadeo como destino turístico, de cultura e de natureza organizáronse novamente visitas guiadas gratuítas, que se dividiron en tres grupos, dependendo da ubicación e do percorrido: as visitas polo casco histórico, as visitas xeolóxicas polo litoral coñecidas como Xeorutas e por primeira vez as visitas ao Forte de San Damián, que espertaron grande interese por parte de quen nos visitou e tamén de moitos ribadenses. Aproveito a ocasión para agradecerlle o cariño, a boa disposición e todo o traballo desinteresado realizado todos estes días no Forte a Alberto Paraje. E tamén agradecer a todo o equipo da Área de Turismo e tamén aos guías que traballaron con nós a súa profesionalidade e a súa entrega durante este período vacacional».
Para el alcalde, Dani Vega, «a praia das Catedrais foi un exemplo nesta Semana Santa de seguridade. Todos os que acudimos a un punto turístico queremos que as administración velen pola seguridade. Fronte a datos moi positivos turísticos está sempre a seguridade das persoas e iso foi o que quixemos facer desde o Concello en colaboración coa Xunta de Galicia».
El regidor municipal recordó que «a praia das Catedrais estivo pechada uns días e creo que se fixo ben. Temos que velar pola seguridade. Unha persoa ten que ter unha completa tranquilidade no momento no que entra nun espazo natural, no que a climatoloxía manda e as administración deben ser responsables e velar pola seguridade das persoas».
El alcalde tuvo palabras de agradecimiento «para os vixiantes e para os guías das praia das Catedrais, porque fixeron e fan un traballo moi importante, moi serio e cunha responsabilidade maiúscula e polo tanto estamos moi agradecidos. Tamén aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, á Garda Civil, á Policía Local, ao servizo de Emerxencias, que sempre estamos coordinados por si pasa algo, e tamén lle quero dar as grazas á Xunta por estar en coordinación con nosoutros».
Vega también subrayó «o espazo natural da Illa Pancha, esa oleaxe que houbo eses días, onde moitos surfistas aproveitaron a ocasión e moitos turistas acudiron a ese espazo marabilloso, onde visualizamos perfectamente un mar bravo, pero moi atractivo. Nestes dous espazos naturais debemos seguir traballando de xeito coordinado e sempre velando pola seguridade das persoas».
El alcalde también hizo un balance moi positivo de las actividades organizadas desde el Concello para la infancia y la juventud, a pesarde que no pudieron desarrollarse al aire libre, sino que se trasladaron al pabellón de la calle Alfredo Deaño y a las instalaciones del CEIP Gregorio Sanz: «a xente estivo moi ben e os nenos e nenas tamén». Vega aludió, asimimo, a las visitas guiadas que tuvieron lugar a lo largo de esta pasada Semana Santa: «creo que o traballo foi moi importante». El alcalde considera que todo el que llega a Ribadeo «nota as rúas máis limpas, máis coidado o noso patrimonio. Grazas a todos, a técnicos, ao goberno municipal estamos facendo un traballo moi positivo. Grazas á iniciativa privada, a cada persoa que ten un bar, un hotel, un restaurante, un comercio porque tamén son axentes turísticos moi importantes. E tamén grazas a Acisa por todo o seu traballo».