El regidor declaró que «desde o Concello facemos unha valoración moi positiva deste Nadal. O impacto económico foi moi importante, solo facía falla saír ás rúas de Ribadeo e ver ateigado por completo o noso concello e desde logo estamos moi satisfeitos do traballo feito, dun traballo conxunto e entre todos».
Vega dijo que «tanto comercio, restaurantes como hoteis fan unha valoración moi positiva. Falamos esta mañá coa Asociación de Comerciantes, dixéronnos que están satisfeitos e todos coinciden na mesma frase Ribadeo tivo o mellor Nadal dos últimos anos».
Para el alcalde ribadense «o traballo conxunto da os seus froitos, o traballo entre todos é o que trae beneficios directos a Ribadeo e desde logo creo que organizar eventos e actividades, é dicir dinamizar Ribadeo é o obxectivo e conseguímolo entre todos. A pista de xeo, RibaXogo, musicais, concertos e deportes converteron a Ribadeo no referente astur galaico do Nadal. Solo fai falla consultar, por exemplo, na pista de xeo a onde chegaron persoas procedentes de Vigo, da Coruña ou xente de Lugo que viña a Ribadeo á pista de xeo. Todos viñeron aquí. Eu creo que iso é o que temos que seguir facendo, converter a Ribadeo nese referente, que é xa. Vamos traballar conxuntamente todos».
Daniel Vega comentó que «este Nadal houbo novidades e para o seguinte imos traballar para melloralo. Pedimos disculpas naquilo no que nos puidemos equivocar, pero estamos satisfeitos. Queremos darlles as grazas a todos: desde a organización da Cabalgata de Reis, aos voluntarios todos que nos viñeron axudar en actividades como a San Silvestre, a todas as persoas que colaboraron neste Nadal dalgunha forma, grazas a todos porque entre todos, eu sempre o digo, melloramos todas as actividades que quere e que necesita Ribadeo. Grazas tamén a todos os camareiros e camareiras dos bares, dos restaurantes, dos hoteis porque dalgunha maneira sodes guías, persoas que abrides Ribadeo e necesitamos que todos teñamos ese obxectivo común que é abrir Ribadeo, abrir esas portas sistematicamente. Creo que entre todos o fixemos e vamos seguir facéndoo. E facemos ese balance positivo, a satisfacción do traballo ben feito e que trouxo beneficios para Ribadeo».
Por su parte, la presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicó que «o sabor que nos deixa este Nadal é moi doce: rúas cheas de xente, moi boa campaña de vendas no comercio, boas cifras no sector hostaleiro… Foron repartidos 30.000 descontos para a pista de xeo e 170.000 papeletas para a Festa do Comercio, que celebraremos o vindeiro sábado, 13 de xaneiro. Son dous indicadores importantes do movemento comercial xerado en Ribadeo nas últimas semanas. Houbo actividades para todos os públicos. De aí que o balance que podemos facer é moi positivo».