La campaña se desarrollará del 1 de diciembre de 2023 al 13 de enero de 2024. En esta edición se repartirán 6.000 euros en premios.
La presidenta de ACISA, Carmen Cruzado, dijo que «hoxe presentamos a campaña da XIII Festa do Comercio, que se desenvolverá desde este venres, 1 de decembro, ao 13 de xaneiro. Ese día será o sorteo presencial na carpa situada este ano na Avenida Rosalía de Castro no que repartiremos 6.000 euros en premios, a cifra máis alta que destina a asociación á nosa campaña anual máis importante. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado a Acisa Ribadeo recibirán as papeletas para participar no sorteo. En total póñense en circulación 170.000 rifas, que son 20.000 máis que na pasada edición».
El gerente de la asociación, Jesús Pérez, explicó que «neste 2023 facemos un esforzo especial, grazas á xestión realizada durante todo o ano por Acisa. Así puidemos destinar mais recursos aos premios desta campaña, que pasan dos habituais 4.000 a 6.000 euros en premios. Co fin de impulsar as compras durante o mes de decembro e tamén durante os primeiros días das rebaixas de xaneiro as rifas estarán a disposición dos clientes de todos os negocios asociados a Acisa Ribadeo».
Y destacó que «os premios serán repartidos da seguinte maneira: un de 2.500 euros, un de 1.500 euros, un de 1.000 euros, un de 500 euros e dous de 250 euros. Un destes últimos premios (de 250 euros) será non presencial, é dicir, sortearase entre o total de rifas impresas. O resto de premios sortearanse entre os números que o dia 13 de xaneiro estean depositados na urna que estará situada na mesma carpa. Polo tanto é moi importante destacar que a rifa debe conservarse ata o 13 de xaneiro e que ese dia pola tarde deberase introducir na urna unha das dúas partes nas que se divide, e seguir conservando a outra ata a mesma hora do sorteo. Deste xeito, unha parte estará na urna para poder ser extraída e premiada e a outra quedará con nós para comprobar se temos o número. Como sempre insistimos esas rifas deberán ir debidamente seladas por cada establecemento para ser entregadas aos clientes».
Carmen Cruzado subrayó que «esta campaña facémola co fin de dicirlles aos ribadenses, á veciñanza da comarca e de lugares próximos, que Ribadeo é o mellor lugar para facer as compras, tomar un viño, encargar as comidas e as ceas de Nadal e desfrutar dunhas festas diferentes, e así ademais poder gañar un destes premios tan importantes. Ademais sendo o primeiro evento do 2024 parecíanos interesante darlle un toque extra nun ano especial como é este no que celebraremos o 35 aniversario da asociación. Esta campaña ademais verase reforzada con outras iniciativas que se darán a coñecer no vindeiros días».
La presidenta de Acisa tuvo palabras de agradecimiento para BeOne y para el Concello de Ribadeo: «especialmente pola colaboración do patrocinador principal desta campaña, o noso asociado BeOne, que fai unha achega económica que para nos é moi importante, e como non, tamén agradecer a colaboración do Concello de Ribadeo, que nos facilitará a ubicación e os medios para a realización do sorteo. Destacar tamén que esta e unha actividade que conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia».
La directiva de Acisa espera que «esta campaña de Nadal sexa moi animada para o comercio e para a hostalería ribadense».
En el acto de presentación de la XIII Festa do Comercio de Acisa Ribadeo participaron el CEO de BeOne, Roberto Ramos, el alcalde ribadense, Daniel Vega, la concejala de Comercio, Marta Saiz, junto a la presidenta y el gerente de la asociación, Carmen Cruzado y Jesús Pérez.