ACISA Ribadeo reparte 2.000 vasos para los establecimientos de ocio nocturno asociados

041224 Foto presentación vasos 2
También informa sobre la ampliación de horarios de la hostelería durante la Navidad

ACISA Ribadeo repartirá 2.000 vasos entre los establecimientos de ocio nocturno asociados para estas fechas navideñas, en las que estos locales podrán abrir dos horas más.

La presidenta de ACISA, Carmen Cruzado, destacó que «Acisa está a poñer todos os seus esforzos na campaña de Nadal, unha cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dunhas datas de gran afluencia en Ribadeo, que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están xa preparados para o comezo do Nadal, que se podería dicir que foi inaugurado a fin de semana pasada e que comezará de xeito efectivo dende esta ponte festiva. A hostalería está disposta para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde Acisa Ribadeo, intentamos ir a máis e poñemos en marcha iniciativas como a que hoxe damos a coñecer: a entrega de 2.000 vasos para o ocio nocturno asociado».

041224 Foto presentación vasos 1

El gerente de la asociación ribadense, Jesús Pérez, explicó que «por primeira vez imos repartir de xeito gratuito 2.000 vasos de plástico irrompible ríxido de 500 cc, reutilizables, lavables e de materia prima 100% reciclable, que nace do compromiso da asociación cos nosos socios e socias do sector da hostalería do ocio nocturno, xa que queremos que os poidan usar nos seus establecementos nestas datas de Nadal. Somos conscientes ademais de que nesta época estes establecementos de ocio nocturno sofren unha perda importante de vasos de cristal, polo que poñemos á súa disposición un xeito de evitalo, ademais de traballar no compromiso de manter as rúas limpas e para evitar cortes ou accidentes innecesarios. Tamén queremos amosar o noso compromiso co coidado do medio ambiente».

Carmen Cruzado añadió que «estes vasos, que poñemos a disposición do ocio nocturno, como unha liña máis de traballo específico para un sector dentro da hostalaría, están pensados para quedar nos establecementos para o seu uso habitual, xa que son lavables e reutilizables, cun deseño precioso. Os vasos deberanse recoller nas oficinas de Acisa entre hoxe mércores e mañá xoves, no noso horario de oficina, para que os teñan dispoñibles para esta ponte festiva. Insistimos en que están destinados para o ocio nocturno asociado».

Ampliación de horarios

Carmen Cruzado también se refirió a las ampliaciones horarias para la hostelería durante estas fiestas: «Parécenos moi interesante poder ofrecerlle este servizo aos nosos asociados e asociadas, deste xeito dáselles a oportunidade de poder traballar máis horas durante estas datas de gran afluencia turística onde as ceas de amigos e de familia son moitas e as ganas de festexar e celebrar son aínda máis. Así tamén a veciñanza poderá gozar de máis horas de lecer na nosa hostalería. Queremos animar ás veciñas e veciños de Ribadeo e da nosa contorna e aos turistas que nos visitan a desfrutar do Nadal na hostalería ribadense, que ten moito que ofrecer, tamén polas noites, onde atopamos locais cun ambiente impecable, con persoal cualificado e trato amable, e por iso animamos a todas e todos a gozar do Nadal en Ribadeo, nos seus locais e nas súas terrazas».

Con las ampliaciones horarias, los bares y cafeterías podrán cerrar a las 04.30 horas, las discotecas y salas de fiesta hasta las 08.00, y los pubs hasta las 06.00 de la madrugada. Estas ampliaciones estarán vigentes desde el 22 de diciembre de 2024 hasta el 6 de enero de 2025.

Jesús Pérez añadió que «os establecementos de hostalería asociados a Acisa Ribadeo contarán con dúas horas máis sobre a licenza habitual de peche todas as madrugadas dende o 22 de decembro de 2024 ao 6 de xaneiro de 2025 con motivo das festas de Nadal. Estas ampliacións horarias favorecerán ao sector asociado para poder exprimir ao máximo estes días de gran actividade económica».

Comentarios