Acisa está presente desde hoy en Fitur junto al Concello, conformando la delegación ribadense

acisa fitur concello ribadeo
photo_camera Fotografía: Acisa Ribadeo.

Acisa está presente desde hoy en Fitur 2024 junto al Concello, conformando la delegación ribadense en esta importante Feria Internacional de Turismo, que se celebra en Madrid.


El gerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “participaremos en reunións de traballo con diversos operadores e axencias turísticas, na procura de dar a coñecer os proxectos do Concello de Ribadeo no ámbito do turismo co que asistimos conxuntamente a esta feira, establecer acordos e puntos de colaboración con intermediarios e outros destinos, así como favorecer a difusión de Ribadeo como un destino de calidade visitable durante todo o ano, poñendo en valor tamén as campañas e marcas turísticas de Acisa, que complementan as do Concello de Ribadeo”.


Pérez Prada indica que “desde Acisa traballamos diariamente para fidelizar ás persoas que veñen visitarnos, para atraer novos segmentos demanda, para favorecer a desestacionalización e para poñer en valor os nosos recursos, especialmente os gastronómicos e comerciais mediante diferentes campañas promocionais, como é o Domingueo en Ribadeo, Ribadeo preto de ti, o Centro Comercial coas mellores vistas, Barrios y Vilas Mariñeiras, entre outras...”.


El gerente de Acisa señala que “a presenza de Acisa nesta importante feira turística é moi relevante, xa que aglutinamos á maior parte do tecido empresarial ribadense, e moi especialmente ao empresariado do sector turístico. Os nosos asociados e asociadas son os principais beneficiarios dela. Nesta feira vaise promocionar Ribadeo como destino turístico. O turismo é o principal motor económico da nosa vila. Por iso debemos seguir traballando na promoción de todo aquilo que Ribadeo pode ofrecer, así como en aumentar e mellorar tanto a nosa oferta turística como os servizos turísticos ofertados polas nosas empresas. A implicación do sector é un piar fundamental na nosa promoción como destino turístico”.

Jesús Pérez añade “a presenza de Acisa en Fitur irá do 24 ao 26 de xaneiro, onde conxuntamente co Concello de Ribadeo e baixo a súa coordinación poñeranse en valor todos este aspectos nos diferentes encontros empresariais. Ademais Acisa estará presente no acto organizado polo Concello de Ribadeo na Casa de Galicia, representando ao tecido empresarial local, e moi especialmente ao sector turístico”.

Comentarios